Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XIX): A Devesa de Santa Leocadia  Correo-e
sábado, 23 de febrero do 2008

Image

Comezamos esta semana a descubrir os tesouros do Concello de Mazaricos. Nesa morea de onte hai xoias escondidiñas, difíciles de atopar, pero para eso estamos aquí, para amosalas e fomentar que se coiden e que se amosen, que para iso son xoias. Esta vez caimos na Devesa de Santa Leocadia, que ademais de carballos ten unha capela e unhas fervenzas ben bonitas.Image

A capela de Santa Leocadia está nunha paraxe tan fermosa que ata dan gañas de ir á misa. A muralliña de medio metro, e mais a carballeira que corre xusto detrás e que encerra ás fervenzas, fican verdadeiramente fermosos mirados dende abaixo de todo.

As fervenzas, un dos espectáculos naturais que máis aflixen ao que escribe, son ben curiosas, xa que caen coma de lado, facendo un pequeno xiro ao caer, o que as fai moi singulares. Para chegar a elas non hai máis que seguir un carreiriño que sae de detrás da capela e en 50 metros xa as atopas.

Como chegar

Desta volta podemos organizar unha excursionciña. Partiríamos a media mañá, para non forzar moito, de Brens, detrás da fábrica de Ferroatlántica de Cee collendo o desvío que vai ao Pino do Val, pasando pola outra fábrica de Dumbría (Mordor II) e collendo á dereita . Esto tamén o podo facer dende a estrada AC-552 que une Carballo e Fisterra e collendo o desvío a Dumbría. Pasado Dumbría seguríamos sentido Pino do Val e daríamos con Hospital, onde podemos facer unha paradiña nas fervenzas de Hospital.

Image

Collemos de novo o coche e cando chegamos ao Pino do Val collemos cara Serra de Outes. A poucos quilómetros xa topamos co marabilloso Chacín. Alí, primeiro atoparemos unha ponte nunha curxa pechada onde a man esquerda hai unha especie de lugar aberto. Un pouco máis adiante sae un desvío cara a arriba e esquerda que vai a Santa Baia. Alí, o pasar o cemiterio hai un carreiro cara abaixo, que cruza o regato. Aí hai que pelexar un pouco coa maleza (os acceso para estas cousas... xa se saben) e tirando uns 300 metros (pódese subir e afrontar unha baixada cando escoites moito ruido) atopas coas fermosas fervenzas de Chacín. Unha parede butral duns 10 metros que realmente impresiona. A semana que vén viaxaremos aí.

Con isto, volvo ao coche e sigo tirando cara a Serra pero a 1 quilómentro xa atopo directamente a capela coa preciosa devesa detrás. Para voltar a casa, recoméndase que cadra co solpor, (pódese facer tempo parando a comer os bocatas e descansando un pouco, bañitos por aqui e por alá, un cafe no bar do pueblo...) para baixar cara Carnota, collendo a estrada que une Santa Comba e Muros e Carnota. Esto se faría volvendo un pouco cara atrás e na primeira rotonda coller á esquerda cara Muros. Ao chegar case ao alto do monte que nos separa da costa, hai que coller a dereita cara Carnota e sumerxirse no mar de muíños, para disfrutar dese entre lusco e fusco que tingue oa ensenada de Carnota dun vermelliño precioso. Estamos pois no mirador de Moureda, que visitaremos tamñen nunha destas semanas, pero que hai tanto que ver que se acumula o choio.

Outros recunchosImage

Novas relacionadas

Fonte

  • Fotografia de Rosaura Romo Hernández.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com