Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

De todo un pouco con Suso Lista  Correo-e
lunes, 25 de febrero do 2008

Non é moi habitual atopar xente da mar que está metido en tantos proxectos do eido cultural. Suso Lista acaba de deixar o patronato da confraría de Corme, tras unha marea de amenazas e insultos por parte dun pequeno grupo de poder dentro da confraría. Había sempre moita presión, mesmo insultos e amenazas, e iso unido á cantidade de choio que era, provocou un desgaste tremendo. Eran só 4 ou 5, pero... se me rajaron as catro rodas e todo. Así e todo, Suso non consegue desvincularse totalmente da confraría porque non quere deixar nas mans deses 4 o devir de case 100 traballadores. Así e todo tamén falabamos onte con el sobre as posibles eleccións anticipadas da confraríaImage

Xa ten intentado crear, 5 anos atrás, un proxecto semellante ao Mar de Laxe ou Mar de Lira, cando estes aínda non apareceran, pero as presións e a deixadez da confraría tiraron pola borda unha inciativa que aínda se pode retomar. Igual pasa cunha subvención ben cuantiosa que tiña apalabrada Suso para a venta de percebe por internet, pero aquí o que interesa é vender en negro a 80 euros, poñer a 5 e non pagar os impostos.

Suso tamén anda na procura de conseguir a redución na idade de xubilación dos mariscadores. Cóntanos como aínda hai polas rochas adiante hai señoras que pasan do 60 anos. O asunto da peligrosidade do oficio, non declarado de alto risco, é outro dos problemas que prantexa Suso, pero pouco se fai ao respecto.

A súa vida fóra do mar

Polo menos Suso vai ter máis tempo para lle dedicar a outros proxectos. Actor, blogueiro, escritor, locutor, político... Moitas cousas pero todas de balde. A polivalencia de Suso convírteo nun dos personaxes máis activos da bisbarra. O seu blog susolista.blogspot.com, chamado "Espacio emocional e literario", é precisamente iso, un lugar onde solta o estrés acumulado e como unha tormenta solta maxicamente toda a forza que leva dentro. Aínda merquei un portátil a semana pasada, pero antes esperaba que abrira a sala da asociación e veña! sen parar, todo dun tirón. Coma un bulebule de sentimentos.

Actor

Suso ten grabados uns 40 capítulos en Mareas Vivas, Rías Baixas e outras series de produción galega. Andaba moi metido nun proxecto con Emilio Mac Gregor, que xa tiñan presentado ao director da telegaita, pero a repentina morte do seu socio e amigo, ao que lle dedica unha preciosa elexía no blog, deixou o asunta a un lado. Del comenta Foi Emilio, quen me enseñou a andar por este mundo tenebroso das bambalinas que é o audiovisual, foi el quen me animou a seguir, foi el quen, como un irmán,como un amigo, estuvo o meu lado cando na miña alma pintaron bastos. Agora terá que seguir Suso só.

Suso agora está a traballar en curtamentraxes con Omar Rabuñal, director saído da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Estos días presentábase na Escola a nova ´Da man da raíña vermella´, que xa anda de festival en festival, sendo a primeira parada no festival argentino do Gualeguaychú Suma, en Entre Ríos. Do director, de paso recomendo unha mafiosa mediametraxe grabada no polígamo de Pacomaco, nos arrabaldes do 2025 coruñés, "Chamábanlle Feáns".

Ambos artistas sacaron tamén un traballadísimo corto co noitebús de protagonista. Pasado polo yutu buscando por Suso Lista e tedes unha morea de cousas que ver.

Locutor na Radio Roncudo

Suso ten o seu programa na Radio Roncudo, unha das poucas radios libres do país, na que participan moitos veciños da activa vila cormelá. Suso graba en vivo e como sae, o Embigo da fin do Mundo que sae na 106.1 os mércores ás 22:00. Suso deixa correr o rego de pensamentos que leva dentro, sendo unhas veces máis literaria e outras de máis actualidade. Según lle dé, claro. Podedes pasar pola páxina radioroncudo.com e descarrexar os seus programas ou tamén facerte socio e escoitar a radio en directo.

A Noite dos EncantosImage

Suso, por se fora pouco, adícase tamén a organizar unha das noites máis máxinas do verán. Canda a Noite dos Encantos monta un pequeno palco na Furna do Osmo e coa axuda da marea, a furna convírtese no escenario máis encantador posible, e sempre cheo. Xa teñen pasado nos 11 anos que ten o concerto, personaxes como as Gharotas, os Festicultores, Emilio Cao ou Toñito de Poi, que non son ningúns mindunguis.

Na propia praia de Furnas, Suso cóntanos que moitas noites baixa e deixa as súas pegadas na area. Arte efímero, que se lle di, que non pode nin sacarlle unha foto. Porque senón non sería efímero, claro. Suso gusta de pintar ollos xigantes, que logo a marea sumerxe sobre o manto das olas.

Con todo este currículo, é unha pena que o mundo da mar perda unha cabeza así. Unha cabeza que pensa no desenvolvemento xeral de Corme e da bisbarra, non só do seu peto. Da súa vida política, por certo, mellor non falar.

Lendo a Suso

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com