Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Decenas de persoas rebentan o mitin de Gallego en Carnota  Correo-e
miércoles, 27 de febrero do 2008

Image Image

No mesmo día (26 de febreiro de 2008) que Pesca anuncia que dos 40 millóns que destinarán este curso a actividades marítimas, 15 son para acuicultura, a conselleira Carmen Gallego acodía a Carnota para participar dun mitin. Quen organiza estas cousas no PSOE? E por certo, porque non hai prensa nestes momentos? Onte tan só estabamos alí o do Acontecer e o Diario de Bergantiños, fundidos nun, e mais un servidor, e iso que estaba ben claro o que ía pasar.

Como non podía ser doutro xeito, xentes de toda a bisbarra plantáronse ás portas do concello de Carnota para saudar á conselleira, a mesma que hai 2 anos pasaba por todas as confrarías deixando unha morea de apertas e promesas. Entre 70 e 80 persoas chegadas de Seiruga, Camelle, Merexo e Quilmas non pararon de berrar e facer un ruido ensordecerdor, que mesmo obrigaba a levantar a voz aos presentes no mitin.

Máis xente fóra de dentro

No mitin podía haber unhas 25 persoas sendo xenerosos. 25 contando cos grandes coma Pichurri, Pequeño ou Nieves Lema, que pese aos problemas de seguro que segue tendo a súa relevancia dentro do partido. E así entre berro e berro, Carmen Gallego alzaba a voz para facerse escoitar, porque as sirenas, os bidóns, os megáfonos, os pitos ou as latas deixaron a máis de un co piiiii ata altas horas da noite. O mitin transcorreu evitando tocar o tema das piscifactorías. Só se falou do goberno central, e total, para os 20 que había, non se que veu facer aquí, comentaba un asistente.

FóraImage

Estas protestas sempre contan co factor color. Nestes casos se olvidas as declinacións políticas de cada un, e malia pórse camisetas de diferentes cores, todos son do mesmo equipo. Iso si, que ben quedan os laranxas de Seiruga, os azuis de Merexo, os verdes de Camelle e os vermellos de Quilmas nunha noite de inverno como a de onte.

Non houbo quen calara na hora que Carmen Gallego estivo dentro do concello. Berros como "O que queira rodababallo, que molle o carallo", "Galicia non se vende, goberne quen goberne", "A próxima visita será con dinamita" (i eso que ao final nunca lla traemos apuntan dende Seiruga) ou "Gallego dimisión" escoitábanse no medio das sirenas e dos bombos a ritmo de bidón.

Ao bidón, no medio e con boina, podemos ver a Manuel Pazos Redonda, de 84 anos, que hoxe non puido traer o acordeón xa que teno estropeado porque como estes berran tanto tiven que forzalo. Manuel trocou o acordeón por unha lata de aceite de coche e un pao, que rompeu de tanto darlle. Non perde unha destas protestas, i é que aló en Merexo vanlle levar 42 ferrados, e sen preguntar. Estes non miran nada.

AtropeloImage

Os meirandes incidentes coincidiron coa saída da conselleria. Todo parecía que ía transcorrer con normalidade cando Gallego mesmo deu un rodeo para subir ao coche xusto diante da porta e no medio da maraña de cores. Non houbo ningunha clase de agresión, tan só moito ruido ata que unha vez que entrou no coche a xente encendeuse e comezou a zarandealo. A policía local non daba feito e a Guarda Civil tamén andaba polo medio, pero sen moito apuro.

Nese intre de nerviosismo un veciño de Seiruga colocábase diante do Audi da conselleira, pero o conductor non dubidou en arrancar. Ficando coas pernas enganchadas no forntal do vehiculo, o veciño tardou en poder apartarse e pasados 10 minutos aínda seguía convaleciente. Alá marchou a conselleria a toda pastilla, e non levou a ninguén máis por diante porque dios non o quixo.

Os problemas non quedaron aquí. A Policía Local, nun alarde de protagonismo, escolleu a un veciño e ata que non conseguíu a súa identificación non parou. Ás preguntas de por que necesita identificarse, o local de turno respotaba, pregúntalle a el. Ao final e tras unhas protestas da marea multicolor a cousa quedou en nada, o veciño deu o seu nome os locais quedaron contentos coa súa intervención.

Por que o señor PSOE non ten un pouco máis de tino á hora de organizar os mitins e aforrar así máis de un disgusto?

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com