|

O pasado sabado 23 de febreiro a Radio Neria dedicoulle o programa de "O Acantilado", que presenta Adrián Leira ás 16:00h, ás xentes importantes da vila de Corcubión. Quen máis interesante na vila que estes dous xa famosos persoeiros como son Alfredo González López, presidente da Universidade Popular de Corcubión e Alejandro Lamas, membro da selección española de Cubo de Rubik. O presi da Universidade Máis ben deberíase denominar rector, pero o presidente Alfredo está a organizar unha morea cousas ben interesantes nas escolas universitarias, como as clases de baile rexional, ou as de pandeireta e gaita (hai, por certo, unha reunión para o vindeiro día 8 de marzo para os que queiran participar delas). Así Alfredo agradeceu a varios medios de comunicación, entre os que estabamos nós, claro, pola atención que está recibindo a Asociación. Alfredo anunciou varias novas iniciativas nas que está a traballar a asociación, como poden ser charlas e concursos con dous temas centrais, e de vital importancia: o medio ambiente e a solariedade. Jan Alejandro Lamas, a meirande estrella da costa (non creo que ninguén máis en toda a costa conte cunha medall ainternacional, e se o coñecedes por favor facédenolo chegar), fixo unha demostracion envivoiendirecto co cubo de Rubik que se colgara proximamente no blog oacantilado.blospot.com. Non fixo o seu mellor tempo pero a ver que se atreve a rechistar: nada menos que 18.90 segundos. Só de pensalo vólvome tolo, é unha cousa completamente incomprensible como alguén é capaz de facelo tan rápido, mesmo facel oxa me parece unha utopía. Jan destacou as bondades deste deporte, sinalando que é moi bo para exercitar a mente, moito mellor que a BreinTreinin esa, seguro.Tamén destacou que o Rubik se atopa nun bo momento anivel mediático e deportivo, e láiase de que por culpa do traballo non lle podía dedicar mais tempo e acudir a outros campionatos europeos, aos que non puido acudir ultimamente. Se un puidera vivir disto, non si, Jan? Máis información Novas relacionadas
|