Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Analizando o proxecto da piscifactoría de Merexo  Correo-e
viernes, 29 de febrero do 2008

Image

Semana tras semana oimos algo de Merexo. Esta pequena e preciosa aldea de Muxía, está en pé de guerra contra a ampliación da piscifactoría, que leva xa case que 30 anos, e que deixará á vila enteira entre a montaña e os caperuzos negros das piscinas. Pasar dese verde traballado a base de tractor que envolve á vila a esa mistura industrial de negro e gris, non debe se agradable.

A vila enteira en loita

Deste xeito, toda a vila está en marcha. Cada 1º e 3º sábado reúnense na escola indiana, e non falta case ninguén dos 189 habitantes, salvo os 4 ou 5 que están metidos aí. Porque sobre os postos de traballo hai tela. Primeiro falaran que coa ampliación habería 172; logo xa baixaron a 80, e agora o alcalde xa di que con 40 salta de alegría. Agora mesmo hai 6 persoas da zona traballando das 25 que solicitaron emprego, e en nómina contan 25 ou 30, pero realmente só traballan 15 ou 16. Igual pasara coa do Cabo Vilán, que falaban de 180 pero logo hai 12 traballando e 12 en nómina.

Así nos asegura, Antonio Devesa, un dos máis activos membro da Plataforma Merexo non se vende, que nos amosa as marabillas da zona e as posibilidades que ten. Antonio recorad que a zona conta cunha concentración parcelaria dende hai 50 anos. Desde os tempos de Franco aquí non hai veciño sen un cacho de terra que traballar. Antonio lembra o detalle da expropiación deniminándoa directamente roubo, onde se viu unha expropiación para regalarlle os terreos a unha empresa privada?

ImageCría de alevín

A granxa de Merexo é unha das máis importantes para o grupo noruegués Stolt Sea Farm. Alí é onde se cría o alevín para toda a Costa da Morte e parte do estranxeiro. Ademais xa teñen probado nas do Vilán e en Quilmas, pero non se dá ben coma aquí. O alcalde de Muxía, Félix Porto, mostrábase moi preocupado pola perda do traballo dos 6 empregados da zona que están na granxa, xa que o permiso caducaba se a ampliación non saía adiante. A nova lei permite que estas industrias conten cunha prórroga de ata 28 anos, polo cal os postos de traballo polos que o alcalde estaba tan preocupado xa non corren perigo.

A empresa ademais, segundo nos indica Antonio, cubre a produción anual de alevín necesaria para toda a zona en 6 meses, de xeito que é posible que con esta planta, sen ampliar, xa dea para surtir a todas as granxas incluidas as 26 (entre ampliacións e novas) do novo plan. 

Patrimonio histórico-cultural

O grupo ecoloxista da Ponte do Porto PX presentara en xaneiro unha denuncia ante Patrimonio na que e asegura que na zona de Merexo onde se quer ampliar a piscifactoría, hai vestixios dunha fortaleza militar de 1801 na Punta da Urxeira. A Plataforma ten na súa web un estudo do asunto moi interesante.

Os veciños de Merexo xa limparon de toxo a zona na que se poden observar perfectamente 4 ocos grandes que poderías ser a base de 4 cañóns, que cubrirían a entrada na ensenada de Merexo. Dita fortaleza era utilizada para controlar as embestidas piratas e das armadas estranxeiras de comezos do século XIX, pouco antes da Guerra da Independencia, cando o reinado de Carlos IV.Image

Non quedan aí, senón que como patrimonio podemos citar os 28 cabazos e hórreos que ten a vila, que deberían estar protexidos ata os 200 metros. No medio e medio da granxa quedaría a Fonte da Braña, centenaria cando menos. Ademais Antonio lembra a historia da "villa de Merejo", que fala da vila como referente histórico da Costa da Morte, ao ser nomeada por Claudio vlla romana no século I, nada máis e nada menos, data na que tan só era distunguida a preciosa Bolonia gaditana. Veremos se a historia nos acaba dando a razón, ao final.

A zona

Image 

A ensenada de Merexo conta con 46 cuadrículas para a plantación de bateas de mexillón, pero non deixan. Ademais hai un criadero de polbo e de algas. Polo demais pouco hai, moito muxo, iso si, e pódense ver moita xente coa súa caña á saída desas augas brancas cheas de piensos que os muxos tanto agradencen. Respecto ao nivel de osixenación da ensenada, Antonio dubida se a zona vai ser capaz de asumir tanta mateira orgánica. Se chegamos as 2.500 toneladas non sei se o nivel de osixenación da ensenada vai dar.

A granxa está situada nunha antigua fábrica de salazón, e cun porto romano ao seu carón. Temos olvidadas estas xoias, como os antigos asteleiros que se nos ocupásemos de restaurar seguro que darían moita vida. Hai tamén na zona unha muralla e pénsase que hai mesmo un castro costeiro.

Das praias xa case mellor nin falar. Na ensenada de Merexo están Area Maior (a grande da fronte), que é parte da Rede Natura. A Area das Reiras, a praia do Cotio, a do Muíño Vello e a da Ribeira, quedarían entre o mar e o cemento, completamente impracticables. Polo outro lado, e igualmente afectada será a mítifca Praia de Lago, e os 3 campings que alí están.

As infraestruturas da zona tamén teñen o seu aquel. A electricidade ten que ser renovada, para o que a Electra del Jallas xa se comprometeu a meter máis potencia. Pero as estradas xa é outro tema, porque seguro que os aumentos van ser do lado dos veciños, porque estas vías case non poden cos dous camións semanais, e se multiplicamos a produción, teñen que ensancharse.

FuturoImage

En Merexo teñen claro cal é o futuro que desexan. Este non pasa polo cemento, senón que pasa polo agroturismo e polo cultivo ecolóxico de calidade. A zona conta con 3 campings e 4 hostais, unha concentración moi grande de establecimentos hosteleiros. O que necesitamos é unha ordenación seria do turismo, non isto. Pero é que en verán isto está cheo de xente, pero como esto se tiña de negro non vai querer vir ninguén.

Aí está presentada a solución da cebola ecolóxica. Os morteiros xa están preparando a semente e as terras xa están preparadas para producir un produto de alta calidade con boa proxección comercial. Está feito ata o estudio de produción e cada metro adrado producirá uns 12 kg de cebola.

Estudio ambiental da granxa

Repasando os proxectos que a web de Pesca baralla para as 7 piscifactorías (Camelle, A Xandriña, Lira, Corcubión, Seiruga, Merexo e Quilmas) que atinxen á nosa Costa, comentamos un pouco a de Merexo que conta con puntos interesantes, como na maioría do resto. Sen ir máis lonxe, a propia empresa encarrexada de realizar o proxecto e o estudio ambiental asegura, e 6 das 7 granxas que a área é posuidora de certos valores e méritos de conservación protexidos pola lexislación actual, pero nin sequera fai pensar da viabilidade do proxecto.

  • Calificación urbanística actual:Image
    - Unha zona é "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL);
    - Toda a area é "Solo non urbanizable de protección paisaxística" (NUPK);
  • Clasificación adoptada polo presente Plan sectorial
    Para o parque n.º 14 MEREXO, proponse cualificar os terreos de todo o ámbito como de "Solo rústico de protección de Costas" (NUPL), nos terreos que se atopen a unha distancia inferior a 200 metros da ribeira do mar, e SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN ORDINARIA, no resto, onde se poderái consturir ata 3,5m de altura, respetando 5 m polas beiras, e construindo como máximo nos 2/3 da superficie total ocupada.
  • Denominacións de protección:
    - O está próxima ao espazo natural denominado LIC COSTA DA MORTE, que goza de protección dende o ano 2001.
    - Aínda que a área considerada non inclúe ningún humidal, si convén destacar a presenza nas súas proximidades dos seguintes:
    - Enseada de Merexo, de 334,13 ha e situada ao sueste da zona de estudo;
    - Río de Lago, de 18,62 ha e situado ao leste da zona de estudo.

O Decreto 82/1989 do 11 de maio regula a figura de espazo natural en réxime de protección xeral e establece que se poderán seguir levando a cabo aqueles usos ou actividades tradicionais, pero que para outras actuacións, e no caso de preverse efectos negativos, deberase realizar un informe que considere as posibles incidencias ambientais co fin de evitar a deterioración dos valores dese espazo.

A propia Ceinsa recoñece na conclusión que a área é posuidora de certos valores e méritos de conservación protexidos pola lexislación actual, pero o informe ambiental limítase a expoñelos sen ir máis alá e sen concretar en que grao se verán afectados. Pero claro, non se poden mollar, eles só poden opinar.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com