Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O recuncho da Costa (XX): A furna do Osmo  Correo-e
sábado, 01 de marzo do 2008

Image

Esta semana achegámonos ao concello de Ponteceso, máis concretamente a activa vila de Corme. E por certo, que bonito é chegar dende Baio e ver a ensenada de Ponteceso, con ese monte de area entre mar e mar. pero centrémonos en Corme.

Image

Trátase dunha pequena vila de 1.000 habitantes, na que hai 11 bares, e xa pasaron os mellores tempos, que din por aí. Dando unha volta polo porto podemos ver grafitis que realizaron os rapaces de Dios que te crew, e se miramos do outro lado do dique, podemos ver as pintadas dun rapaz da vila. Pero a parte que máis me gustou foi a zona do Osmo.

Image 

A pequena praia do Osmo que tiña unha antiga fábrica de salazón detrás, agora casa particular en primeirísima liña, da paso ao preciosa Furna do Osmo, un lugar máxico. Alí, cada ano, Suso Lista e os seus compinches organizan unha noite especial, A Noite dos Encantos, na que contando coas mareas o arela convírtese en sala de concertos. Xa teñen pasado por aí varios grandes do país, como Toñito de Poi, Emilio Cao ou as Gharotas de Ribeira e seguirán pasando se os Encantos, eses seres altos que saen ao mundo exterior polas noites polo lugar do Osmo a nos quitaren o espirito, o permiten.

Enfronte da furna están as Illas Estrella, que teñen cromlechs amais dunha historia ben longa . Dende os tempos de Mourelle (pasen pola páxina Corme.net e busquen na sección de "Persoeiros Ilustres"), gran historiador e descubridor cormelán contemporáneo de James Cook, a illa foi utilizada como zona de defenesa e foron encontrados restos de cañóns e damis art¡iluxios de defensa.

Como chegarImage

Chegar a Corme é fácil, sempre en dirección Ponteceso (dende Carballo ou Baio ou varios desvíos entre medias) e unha vez chegado á vila, hai que pasar a ponte do río e coller o desvío á esquerda que está xusto despois. ( quilómetros despois estamos en Corme. Aparcamos onde poidamos, pero ollo porque non hai lei, e éche o mesmo que hai liña continua e non caiba dous coches, que a xente aparca no medio e medio sen problemas. A furna queda da parte máis ao sur da vila, chegando abaixo á esquerda, vaia. Non hai perda, e se non xa saben, paran nun bar a tomarlle unha e preguntan.

Outros recunchos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com