|
Esta semana comezamos cunha nova colaboración. O polifacético Suso Lista prestarános cada semana un artigo do seu Espacio emocional e literario, un blog no que a base de metáforas pón a cada quen no seu sitio. Nesta legión, Suso reparte e xa sabe cada quen que parte lle toca. La Legión Os animales estaban inquedos nas súas guaridas. A pesar de vivir cada un na súa madriguera, cando tiñan que lanzar un ataque, xuntábanse todos, debido, sobre todo, a sensación de forza que os acollía cando estaban en manada. Sólos non eran nada, xa que o pouco cerebro, facíaos dependentes de un xefe de manada, porque se as cousas salían mal paradas, terían a alguén que lles lambera as feridas, e lle instalara nas suas pequenas cabezas, a sensación de que xa habería mais veces para poder resarcirse de un fracaso. Non lles interesaba alimentarse, senón soio destruir. Buscaban sempre o que eles creían mais débil, pero casi sempre se trabucaban na elección. Empezaban, antes de salir de caza, denostando, descalificando e calumniando a súa próxima víctima, da misma maneira, que se fai nas guerras para xustificar os bombardeos sobre a población civil. Sempre foi así, e así seguiría sendo; os bos sempre serían eles. O que mais mal lles parecía das súas futuras vítimas, era que practicasen calquera rama da cultura, e tiñan especial predilección, polos escritores e os actores, a quen acusaban de ser os instigadores para que se atacase a razón, a única razón, a razón autentica; a súa razón. Normalmente, antes de dedicarse a matar a cultura, dedicábanse a facer calar a quen quería expresar libremente o seu parecer, e cando non o conseguían polos metodos de coacción, utilizaban a violencia, arrebolando obxetos e disparando proxectiles, contra os indefensos, cuia única arma era a outra meixela. Cando os atacantes estaban en manada, eran os noivos da morte, os invincibles, os bravos luchadores de causas xustas según o seus acordos madrigueriles. Xa non lles valía nada, solo a exterminación do enemigo, sólo eso perseguían, para así, poder campar as súas anchas por esta terra, da que eles, por que así eles o decidiron, eran os verdadeiros e auténticos poseedores con dereito de opinión, sendo os demais, os que non pensasen e actuasen como eles, mala xente, xente ruín e servil, que solamente se movía por motivos económicos. Mentras o sol empezaba a ocultarse por donde sempre se ocultara, polo mar, na madriguera, empezaban a oirse os primeiros berros e consignas, para que de esta forma, os pequenos cerebros dos atacantes, se empapasen de ira e odio, para así, poder facer millor o traballo que o seu director de ataque, o seu teniente coronel, lles indicase mentras lles decía que non temesen a morte, xa que o paraíso os esperaba por morrer e matar por unha causa xusta. Novas relacionadas Máis información
|