Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Plataforma de Quimas denuncia a Stolt Sea Farm por vertidos de materia orgánica  Correo-e
lunes, 03 de marzo do 2008
Image

As piscifactorías non poden despistarse. Calquera descuido vai estar vixiado e pode carrexar moitos problemas á empresa norueguesa. Así ocorría o pasado sábado 1 de marzo de 2008, cando varios membros da Plataforma pola Defensa Cultural de Quilmas detectaban que das tuberías da granxa que verten directamente diante da praia de Corna Becerra, a cantidade de materia orgánica en forma de pensos, era moito máis alta do normal.Image

Estes pensos, como sinala Xosé Manuel Casais (que vemos nunha das imaxes cunha botella con penso axitado), tamén membro de ADEGA, que foi o que presentou a denuncia ante o Seprona e firmou como testigo da toma de mostra (coa que non estaba dacordo, por certo), flotan para logo decantar ao encherense de auga, e non se disolver no auga ata que sofren unha seria axitación. Iso si, cando se disolven soltan todo ese aceite de pescado do que está feito que non pode ser nada bon para o entorno.

DenunciaImage

Habían ser as 10:00 da mañá cando Xosé Manule chamaba a Urxencias, dende onde mandaban á Guardia Civil para que máis tarde, cara ás 12:30 o Seprona da Coruña aparecera a coller mostras. O Seprona falaba primeiro con Francisco Casal, encargado da granxa, e collía mostras de auga xusto á saída dos límites da granxa: a unha soa altura (unha toma de mostra representativa ha de facerse collendo a varias alturas mediante un sistema de sondas) e xusto onde a granxa ten colocada unha saída de augas que veñen directamente do mar, parta diluir a concentración na saída xusto, onde os mebros do Seprona teñen que coller as mostras.

Image

Logo de sacar moitas fotos aos peixes mortos, ás gaivotas, aos quilos e quilos de pensos decantados (fíxense na foto onde membros da Plataforma collen puños de penso, e todo o marrón que se ve por baixo deles é penso decantad) arredor da saída de augas, tomáronse mostras desta saída final, tamén a unha soa altura. O problema é que os pensos, que veñen sendo como comida para gatos, vaia, non saen á altura da superficie, e daquela as mostras non levarán a cantidade real de materia orgánica como efectivamente sae. Os membros solicitaban a colocación dunha malla para recoller só os sólidos de pensos durante un minuto, por exemplo, pero o problema é que non hai parámetros que valoren a legalidade fronte a lei. Tan só a concentración de materia orgánica en auga pode valer para demostrar se nos atopamos fronte un vertido ou se netra dentro dos límites legais.

Os bioindicadores

Non hai cousa máis fiable para detectar calquera anomalía que fixarse nas actitudes dos animais. O pasado sábado eran centos as gaivotas que ateigaban a saída da tubería, sinalando a gran cantidade de penso que saía. Eso foi o que alertou aos membros da Plataforma. Tiña que ser máis do normal (sempre están pero non en tan grande número) e isto foi o que alertou aos membros da Plataforma. Dando volta polos arredores, un congrio e dous pintos foron atopados mortos xusto á saída da tubería, e mesmo presenciamos como un destes últimos saía polo desaugadoiro.Image

Haberá que agardar que pasa agora nos laboratorios da Coruña para saber se efectivamente os números reflicten o que alí se veía e, cando menos unha multa e un toque de atención lle cae á empresa norueguesa.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción.

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com