|

Seguramente a maioría de nços temos pasado a tomarlle unha polo Colonial Café, no Centro Comercial Finisterre de Cee, aló enriba na primeira planta cunhas estupendas vistas e uns sofás que non te digo nada. Admais, de cando en vez acolle actuacións en directo. Desta volta, e por terceiro ano, o café organiza un certame literario. Bases O concurso é o III Concurso Literario Colonial Café de Poesía e Relato Curto e o prazo de presentación está aberto ata o 30 de marzo. As bases están expostas na páxina web. O tema será libre, pero valorarase todo aquilo relacionado coa "Costa Da Morte" e sobre todo a súa orixinalidade. O concurso fallarase entre o 1 e o 15 de abril do 2008, e darase a coñecer o día 18 de abril dese mesmo ano nun acto no Colonial Café en Cee ás 20:00 ós gañadores faráselle saber o fallo días antes por correo electrónico, por correo certificado ou por teléfono. É imprescindíbel asistir ao acto para obter o premio. Haberá dous premios de 300 €; un para o de relatos curtos e outro para o de poesía, e dous accésits de 100 € é; un para o de relatos curtos e outro para o de poesía. Asemade haberá un premio de 100 € para o mellor relato ou poesía feito por un mozo ou moza (ata os 15 anos). Os relatos terán unha extensión máxima non superior a 2.000 caracteres, e non máis de 30 versos os poemas. Poderán ser remitidos ó correo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
ou ben ó correo ordinario, Colonial Café Centro Comercial Finisterrae, 15270 CEE (A Coruña). Tamñen se pode pasar por alí e deixalo en man, claro. Sorte e a escribir. Máis información Fonte
|