
Dumbría podería ser considerada paradigma das novas tendencias en xeración de enerxía a base de fonte renovables. Serán 270 megavatios (máis da mitade do que produce a central térmica de Meirama, outra desfeita ambiental ben grande) de potencia os que haberá instalados en breve cos novos procxectos, Pero son realmente renovables? Non nos estaremos pasando? É esto realmente desenvolvemento sostible? é esto un bo aproveitamento das enerxías renobables? A este ritmo imos acabar por gastar o ingastable. Sacaba a semana pasada La Voz de Galicia unha interesante escolma de todos os procesos de xeración de enerxía cos que conta o concello, pero que logo non revirte para nada na zona, e os apagóns e demais carencias están á orde do día como en toda a bisbarra e seguro que moito máis presentes que en Madrid, por exemplo. E as facturas igual de caras, claro. Enerxía hidroeléctrica O Xallas podería estar nos libros como exemplo de "desenvolvemento insostible", e iso que falamos de enerxía renovable, a priori. Xa está demais demostrado que as minicentreais hidroeléctricas e os seus necesarios encoros son calquera cousa menos respetuosas co entorno, e media Galicia está en loita contra a construción de 5.000 novas centrais ao longo da xeografía galega. Non hai máis que pasar polo Ézaro, por dios, que cando menos cubran esas terribles tuberías con mañeza, ou que as pinten de marronciño. Así, facendo un reconto, o Xallas conta con 4 encoros e 9 minicentrais, todos baixo o control da nosa amiga tan ghallegha, Electra del Jallas, que nada se lle pode dicir porque está do lado de Mordor e xa sabemos que son intocables. Enerxía "viravental" A 6ª potencia mundial en produción de enexía eólica non é Noruega, ou algo así. É nada menos que ese pequeno país da esquina de arriba da península ibérica chamado Galicia, onde os cortes e a factura da luz danse de igual xeito que no resto do estado. Na Costa sabemos ben do que falamos, e basta con botar unha ollada pola ventá para ver un mar de viraventos. Apostaría que máis dun 50% das casas da costa ven viraventos pola ventá, vaia. Os parques comezaron a reproducirse aló polo 2002, cando a señora Europa, co seu Eurovento, vendéunos que esto era desenvolvemento. E efectivamente o era, pero non cando te cargas o monte enteiro. O primeiro foi en Paxareiras, Mazaricos, que descvirtúa o que é unha vista verdadeiramente incrible, a que se pode disfrutar dendo o alto do monte que separa a chaira de Mazaricos coa costa de Carnota e Muros. Dende aquela, mirando carao monte Pindo, no canto de ver as rochas marronciñas de granito, vemos viraventos. Computando todos os parques que entran dentro do concello de Dumbría, contamos ata 118 muíños, ocupando unha superficie de 118 kilómetros cuadrados. Case nada. Novas relacionadas Fonte
|