|
Se hai alguén na costa que teña unha visión clara dos problemas e das necesidades da mar, ese chámase Milucho. Emiliro Louro é Secretario Xerente, da Confraría deLira, un cargo técnico, non político, asegura. Un home cunha consciencia e cunha altura de miras moito máis ampla do normal, acostumados como estamos a topar con xente que tan só se preocupa polo pan de hoxe e non miran por mañá. Infancia O mar estivo sempre moi presente na vida de Milucho. Nace en Lariño no ano 1966, un 25 de febreiro moi especial, coincidindo co naufraxio do Ariete, navío da Armada Españolan fornte a praia do Ardeleiro, en Lira. Mentres centos de veciños salvaban as vidas dos 166 tripulantes do navío, a nai laiábase por non poder axudar por mor de que Milucho tiña gañas de saír nesa mítica data para ver o que pasaba. A día de hoxe, aínda se realizan ano tras ano ofrendas en torno ao Santuario da Virxe dos Remedios, lembrando a solidariedade do pobo de Lira. Mesmo o Ministerio da Armada recoñeceu a fazaña e o 1º dique de abrigo que tivo a vila, foi feito en agradecemento ao rescate. Non queda aí a solidariedade de Lira, xa que canda o Prestige, foron máis de 100.000 os voluntarios que se achegaron a vila para axudar nos traballos de limpeza. Logo de pasar a infancia correndo polas praias do concello de Carnota, e andar ao mar sempre que se podía, a familia mandou a Milucho á Coruña, á Laboral (un segue a sorprenderse da cantidade de xente da Costa que estudiou aló). Os seus desexos tiraban curiosamente cara o periodismo, mais o se sino dirixíase á mar. Non puido voltar a estudiar, e tivo que poñerse a traballar nunha correduría de seguros. Cansou e cara o 89 preparou oposicións para a confraría, e dende aquela, ai está, facendo de todo. Confraría de Lira Falamos dunha das confrarías máis acivas da bisbarra, iso seguro. E non só pensando na baixura, senón que o ámbito céntrase en varios puntos. O proxecto nace cando dende a confraría notan que exise un claro abandono progresivo das actividades pesqueiras. Ademais do envellecemento paulatino das xentes, viamos como baixaba a rendabilidade: o peixe vale pouco e ademais cada vez hai menos, a profesión está sendo moito menos valorada, mesmo por nós mesmos, que vemos como todos os pais non queremos que os nosos fillos vivan do mar. Ante todos estes problemas, a confraría púxose mans á obra, baseando as actuacións en 3 campos: o económico, o biolóxico e o sociocultural. Ámbito económico O primeiro paso foi a Lonxanet.com. Organizada pola confraría e con participación privada, a iniciativa nace a finais de 2001. Pero a desfeita do chapapote tirou con todo ao garete e aínda a día de hoxe estamos perdendo os poucos clientes que temos, pola falta de confianza dende aquel tempo. A iniciatica, nembargantes é moi interesante. Suprime a figura do intermediario, que sempre encarece máis do que produce; permite seguir a trazabilidade (todos e cada un dos procesos que sofre o peixe); asegura uha frescura de como moito 24 horas. A potencialidade é enorme, falta promoción e volume de mercado. A propósito de esta medida, está a punto de nacer outra, esta conxunta: "O Mar da Fin da terra" é un proxecto da Asociación de Confrarías, que unifica as de Lira, O Pindo, Muros, Laxe e Fisterra. Este grupo traballa na diversificación do turismo vinculado á pesca, con rutas comúns, colaboracións, tentando que a xente poida coñecer a vida do mar, in situ. Mesmo Milucho fala a nivel galego. Sería moi interesante que a xente soubera que hai sitios onde se pode coñecer a vida na mar na Mariña lucense, nas Rías Baixas, e mais na Costa da Morte, pero tampouco hai que encher a costa, senón se cdra perderçia sentido. Arredor deste asunto contituiuse unha cooperativa, dende a que pediron axudas de promoción sociocultural para unha páxina web, un inventario dos recursos patrimoniais que hai por aí escondidos (antigas fábricas de salazón, asteleiros...) e que conta con 46.000 euros para financiar o proxecto. Veremos que tal sae. Ámbito biolóxico A Reserva Mariña nace consciente da difícil situación que está apasar o sector da pesca artesanal. Como di a páxina web A Reserva Mariña de Interese Pesqueiro, pretende ser una ferramenta que axude a racionalizar as prácticas de explotación dos recursos, tendo como obxetivo a súa sostibilidade socioeconómica e ambiental. Ocupa unha zona arredor de Lira entre a Punta Larada ata a Punta Raposeiros. Todo isto tamén naceu trala desaparición da coquina polos problemas derivados do Prestige, que deixou a zona desfeita e cunha baixa capacidade de rexeneración. Proponse daquela a creación dunha cooperativa de mariscadoras. Así, estas xa traballan, indo á lapa, ao poliqueto (que se usan para de cebo) ou ao berberecho, ao tempo que fan de guías e axudan no proxecto de Mar de Lira. É unha das inciativas de máis calado, xa que marca un camiño que xa se está exportando, sinala Milucho sobre a Reserva, que ademais é unha ferramenta de xestión, porque se traballamos sen control, un día destes acabamos con todo Outro proxecto tenta amosar a calidade dos produtos bos, limpos e xustos co Slow food, un pouco en contraprestación da evolución que leva esta vida consumista que gastamos con hamburguesas rápidas de máquina. A confraría amosa os produtos de Lira polo mundo adiante e xa estivo no 2005, no Salón de Pesca Sostible en Genoa: Tamén andivo por Turín, no Encontro Mundial do Alimento do 2006, no 2007 no "Slow fish" en Bilbao, e mesmo en decembro pasado visitou Costa Rica para axudar na organización e infraestruturas duna inciativa semllante no páis americano. Case nada, as viaxes de traballo (que dan para lecer tamén, claro) que se pega Milucho. Ambito Sociocultural Unha das iniciativas máis interesantes que conseguía a confraría é o Mar de Lira, (e Mardelira, que son dúas cousas semellantes pero non iguais). Mesmo dende Asia, ou de América veñen preguntado por ela (a imaxe é da BBC). É un éxito rotundo, servíu como publicidade ademais, entre a polémica e ao ser pioneira. Son varios os proxectos dentro desta iniciativa. - O Taller de Pesca forma un conxunto de inciativas pensadas para escolares, sobre todo, mais tamén para calquera tipo de organización e público en xeral. Dentro delas está o Iscar, o Mardelira e os roteiros do Andar ao mar, pero isto está moi ben explicado na páxina web, así que podedes ir pinchando en cada unha para corroborar que se tratan de iniciativas innovadoras e, sobre todo, moi interesantes. Estas actividades con nenos son ben agradecidas, e escoitas moito como os cativos tamén van educando aos pais, - "mamá, este peixe é moi pequeno". Moito traballo pero moita satisfacción, tamén.
- O chamado Turismo Mariñeiro está neste momento nunha indefinición xurídica, porque non hai lexislación de xeito que polo de agora está collida con pinzas. Estamos promovendo un cambio para crear unha lexislación propia, como ocorrera en Italia. Milucho asegura que permanecen as dificultades. Agora estamos co proxecto Sagital, para o desenvolvemento das actividades do turismo meriñeiros. Temos unha proposta de modificación da lei do decreto que regula a embarcación de xente allea ao mar, que agora é moi estricta.
Milucho apunta un detalle, que inciativa xunta nun mesmo barco ecoloxistas, científicos, turistas, administracións e pescadores? A día de hoxe hai 2 persoas traballando disto pero hai moitas colaboracións. En total son 100 persoas vivindo do mar. En Lira entre a baixura e a acuicultura traballa o 35% da poboación activa, (disque a granxa conta co 60 postos de traballo?) estando catalogada como Zona Altamente dependente da Pesca, coma Fisterra, Muros e case que toda a Costa. De cara ao futuro, sobre todo da iniciativa de Mardelira, Milucho é moi optimista. Xa se está copiando proxecto en Fisterra, Laxe, O Grove, Cangas, Carril, Portosín e Cambados, e en 2 ou 3 anos serán moitos máis, que están preguntando continuamente por ela. De feito, este mes, entre o 27 e o 30 de marzo de 2008, Milucho acodirá a un Simposium en Arguineguín, Euskadi, onde se xuntará xente de toda a península. Exportando inciativas, que diso se trata. - De igual xeito, temos a Pesca deportiva, que ofrece un xeito de disfrutar desta actividade fomentando actitudes de coidado e respecto polos recursos e polo medio mariño, mediante unha pesca sustentable.
Graciñas Milucho e agardamos contar de cando en vez co atúa aportación como colaborador neste diario dixital, no que tentamos rodearnos das cabezas máis privilexiadas que nos atopamos pola Costa. Novas relacionadas Máis información Fonte
|