Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corcubión de pé e en guerra  Correo-e
viernes, 20 de julio do 2007

Ensaio Final do Desembarco 

Onte xoves, pasadas as 23:30 deu comezou o ensaio xeral da representación dun Desembarco que se vai realizar, hoxe venres 20 de xullo en Corcubión.

Mais de 50 persoas do pobo actuaron no ensaio e tamén houbo moita xente observándoos ata as 0:30 que rematou.

Probouse o son, que salvo un pequeno problema ao comezo, foi excelente incluso nas esceas mais movidas.

Debemos destacar o grande esforzo que demostraron todas as partes implicadas, os veciño tentando darlle realismo as loitas e o grupo teatral La Recua tanto pola parte técnica como polo esforzo de actuar en galego cando non domiñan esa língua.

Tamén destacou o traballo de Tuto, encargado de controlar que a xente non estropease a iluminación.

Retraso na hora da representación

O mar está a subir estes días mais do que estaba previsto, o que vai a obrigar a retrasar un pouco a hora do comezo da representación, prevista nun principio para as 23:30.

As previsións non prevén chuvia nin para o venres nin para o sábado. Esperemos polo ben da festa que acerten.

 Desde Que pasa na Costa queremos felicitar a todo mundo implicado na organización do Mercado, que están a facer que pasear estes días por Corcubión se asemelle a estar no medio de un gran plató de cine. Parabéns a todos eles.

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com