Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Fisterra organiza o I Certame de Relato Corto e Poesía  Correo-e
jueves, 06 de marzo do 2008

Se onte descobríamos que o Colonial Café de Cee prepara un certame literario, máis concretamente o III Concurso Literario Colonial Café de Poesía e Relato Curto que ten o prazo de presentación aberto ata o 30 de marzo, hoxe recibimos unha nota de prensa do Concello de Fisterra, que presenta unha inciativa semellante.

O I Certame de Relato Corto e Poesía, que se celebrará co gallo do día das “Letras Galegas 2008”. A data límite para presentarse é o 9 de maio, e o veredito darase, como non, o 17 dese mes. O tema é libre e haberá premios de ata 200 euros.

Bases do Certame

  • 1.- O certame establece dúas modalidades, unha de Relato Corto e outra de Poesía, nas que poderán participar todos fisterráns con idades comprendidas entre 13 e 18 anos formando unha categoría e os de entre 19 a 35 anos formando outra.
  • 2..- Cada autor deberá presentar a súa obra en galego e por duplicado, firmada e con pseudónimo. Xuntará en sobre pechado os seus datos persoais (nome, apelidos, D.N.I. e teléfono de contacto).
  • 3.- A extensión dos relatos non excederá das oito páxinas e os poemas serán de 60 versos como máximo.
  • 4.- A temática é Libre.
  • 5.- Premios: Entregarase un Primeiro Premio en cada modalidade e en cada categoría quedando establecido da seguinte maneira.
    - Modalidade Relato Corto: Primeiro Premio dotado con 100 euros para o gañador da categoría de entre 13 e 18 anos e diploma acreditativo.
    - Primeiro Premio dotado con 200 euros para o gañador da categoría de entre 19 a 35 anos e diploma acreditativo.
    - Modalidade Poesía: Primeiro Premio dotado con 100 euros para o gañador da categoría de entre 13 e 18 anos e diploma acreditativo.
    - Primeiro Premio dotado con 200 euros para o gañador da categoría de entre 19 a 35 anos e diploma acreditativo.
    - A entrega de Premios celebrarase nun acto previsto para todo aquel que desexe asistir o 17 de Maio do presente ano ás 20:00h no salón de sesións do Concello de Fisterra.
  • 6.- O xurado será designado libremente polo Concello de Fisterra e estará composto por representantes do mundo da literatura e da cultura en xeral.
  • 7.- O dictame do xurado será inapelable.
  • 8.- Unha copia das obras quedará nos arquivos do Concello e a outra será devolta ao seu autor.
  • 9. Os escritos presentaranse antes do 9 de Maio no departamento de Cultura do Concello de Fisterra en horario de 9:00h a 14:00h.

A conto de todo de isto, pero sen tampouco nacer por mór delo, esta fin de semana inauguramos unha nova sección que tentará contar coa vosa axuda. Unha nova sección onde os protagonistas seredes vós, de xeito que podedes enviar o que vos apeteza. Unha foto, un conto, un poema, un vídeo, unha mistura con todo... calquera cousa que se vos ocorra, que teña sempre o vínculo que a todos nos une, esta a nosa Costa da Morte. Sorte e a escibir.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Fisterra.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com