|
2º Rally Fotográfico Costa da Morte |
Correo-e
|
|
jueves, 06 de marzo do 2008 |
|

A Asociación Galega de Fotógrafos de Natureza (FASGANA) realizará este sábado 8 de marzo o 2º Rally Fotográfico Costa da Morte cun programa ben interesante. Programa do Rally - 9:30h Concentración no Carrefour de Coristanco.
 - 11:00h a 14:00h Comenzaremos o Rally retratando no porto de Quilmas: lanchas en ruinas, artes de pesca, e as impresionantes vistas, tanto das illas Lobeiras como dos Carrumeiros, e incluso o pobo e o faro de Fisterra.
- 14:30h-16:30h Comida no restaurante Insua de Cee.
- 17:00h Subida ao monte Pindo, pola parte de Quilmas para fotografíar as formacións rocosas.
- 19:00h Fotografía da por do sol dende a montaña: o sol poñéndose sobre a península de Fisterra.
- 20:30h regreso.
Xa teñen confirmada a súa asistencia varias ducias de fotógrafos da natureza de toda Galicia, como o noso compañeiro Marcos Rodríguez. O que non sabemos é se un se pode apuntar a disfrutar e aprender con eles. Excursión de Adega e da Plataforma ás Lobeiras A Plataforma pola Defensa Cultural de Quilmas e de Adega están a organizar unha excursión ás illas para o vindeiro 20 de marzo de 2008. As prazas son limitadas xa que a illas non dá para máis. Sairá da Fonte de Quilmas ás 11:30 e varios veciños da zona levarán aos apuntados en varias lanchiñas. É preciso levar a comida. Novas relacionadas Fonte
|