|
Semella que o BNG está vendo que a súa actitude de silencio fronte ao Plan e a súa procura de votos no centro do taboleiro pode acarrearlle algún que outro tropezo, e comeza a facer declaracións desmarcándose, malia que non claramente, da proposta de redución do plan presentada por Pesca. Onte falaban Bieito Lobeira, que pide a anulación das construción das plantas da Xandriña, Seiruga e Arou, ademais de pedir a redución da ampliación da de Merexo e Aymerich que asegura que proporá presentar unha iniciativa conxunta das dúas forzas políticas para modificar o Plan Acuícola. Hoxe preguntámoslle a Suso Lista, alguén máis a man e máis de aquí, polo posible posicionamento do partido. Suso Lista sinalou que a posición do BNG non variou un ápice dende hai moito tempo, e que a súa posición contra o Plan sempre foi presentada ante a Mesa Nacional de Pesca e fronte a Consellería. Suso fala tamén persoalmente e di que persoalmente está completamente en contra das macropiscifactorías de multinacionais, ao igual que da invasión do exército de viraventos. O Bloque gustaría que estas granxas foran de cría para a liberación á mar de alevíns como a langosta, que en Corme xa desapareron, o santiaguiño, ou o lubrigante. Pide que a Xunta potencie deste xeito a pesca artesanal ao tempo que asegura que o Bloque non pode entrar nas competencias da Consellería de Pesca. Suso asegura que a posición do partido non variou que o partido xa plantexara tempo atrás, na Mesa Nacional de Pesca, as directrices a seguir, se finalmente é imposible evitar a construción das plantas.Estas incluían varios puntos: - Falar cos afectados;
- Termos en conta a Rede Natura, mesmo nos terreos colindantes, non só nos directamente afectados
- Non é necesaria a construción das plantas lindando a costa;
- A implatación de cada piscifactoría ten que redundar nas zonas afectadas cando menos, económicamente por mor do impacto, das molestias e dos ruidos que han de soportar. Así a creación de postos de traballo para as xentes do mar.
O ex-patrón maior de Corme e membro do BNG, recorda o posicionamento firme do responsable de la sección del Mar de la central el Ministerio de Fomento, Xabier Aboi, reafirmando o plan. Lista compárao coa posibilidade de acoller un cemiterio de residuos radioactivo, que por termos un solo granítico daríase ben; non por iso habería que vender o noso patrimono natural a calquera prezo. Lista apunta tamén un dato demográfico que reflicte que a emigración nas zonas onde hai granxas non é menor que no resto da bisbarra, e poñemos os casos de Muxía e Camariñas, xa sinalados desde hai tempo polos seus alcaldes como unha das grandes lacras de ambos concellos. Novas relacionadas Máis información Fonte
|