Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O silencio da Xunta ante as queixas do Valedor do Pobo no tocante a Merexo  Correo-e
viernes, 07 de marzo do 2008

Falabamos con Antonio Devesa da Plataforma Merexo non se vende, sobre a resposta do Valedor do Pobo no tocante a posible ampliación da piscifactoría de Merexo. O escrito do Valedor dí así:

Estimado Sr:Image

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible persiste na súa actitude de non enviar a información solicitada en relación coa súa queixa.

Ante iso, pola nosa banda nos vimos obrigados a recordar de novo ao citado concello o seu deber de colaborar ao rápido esclarecimento da situación que nos expón na qeuixa. Axiña recibamos o correspondente informe poñerémonos en contacto con vostede, dándolle conta da nosa actuación e, se é posible, da solución do seu problema.

Malia cheirar a escrito prefabricado, dá boa conta da actitude de pasividade da Xunta no asunto. Pero é que hai moito choio estes días, que dirán por aí.

Antonio Devesa nos aseguraba que estas sempre restan un chisco de esperanza, porque que pasen incluso do Valedor é moi grave. Devesa avisa que aínda non se puxo a denuncia pero os obogados xa están xuntando información para ir ao xulgado de guardia. Malia todo, Devesa confía en que pouco a pouco poidamos ir conseguindo cousas. Amais coa axuda do Tío Manuel, malia ter escarallao do balbordo o acordeón, non hai fallo. A imaxe é da centenaria fonte da Braña, situada no terreo directamente afectado pola amplilación da granxa.

Escrito da Plataforma Merexo non se vende

Case todo o mundo puido leer as declaracións do noso director xeral de recursos mariños, o “Sr” Garcia Elorriaga, a raiz dunha pregunta formulada por un tal Bieito Lobería diputado do BNG.

Ben dende a PLATAFORMA “MEREXONONSEVENDE” queremos decir que esto é unha artimaña mais in extremis dos nosos gobernantes, que o que prenden e facerlles ver as xentes de ben, algo que realmente e falso, como decir que se retiran do plan acuícola.

Eólicos

Parques coma o de Cabo Touriñan ou Punta do Corvo en Camariñas (Cabo Vilan) entre outros,que xá foran desvotados é xa non estaban neste novo plan acuícola reformado.

E Merexo?

Por outro lado gustarianos saber, porque o “Sr” Bieto Lobería, pide a retirada do plan acuícola de parques coma o de: AROU, CAMELLE ou SEIRA, entre outros, é para o noso en concreto, o de MEREXO, pide tan só un redimensionamento, cando el mesmo recoñece que existen distintos “ELEMENTOS PATRIMONIAS”.

Ben esto demostra unha vez mais a incompetencia destes nosos gobernantes,que na teoria deberian traballar a prol dos pobos e das xentes que habitamos ditos pobos, e non traballar a prol de multinacionais privadas como a coñecida “STOLT SEA FARM”.

A PLATAFORMA MEREXONONSEVENDE, sempre que falou, falou con coñecemento de causa, con datos é con probas que fan veridicas e solbentes as nosas reivindicacións é propostas.

Valedor

E hoxe seguindo esta liña, queremos facer publica unha das moitas probas que figuran no noso poder, e que demostran o que vimos denunciando dende ai tempo, como é a incompetencia dos nosos gobernantes e as distintas consellerias competentes neste noso caso. Podemos entender que pasen OLIMPICAMENTE de nós, pero o que xa nos deixa perdidos e dexencaixados é que pasen da figura neste caso do VALEDOR DO POBO.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com