|
O pasado martes, dia 4 de Febreiro, fun invitado a inauguración da exposición fotográfica de Xurxo Lobato “Rostros da Memoria”. Unha palabra chega para definir o que aqueles 45 retratos nos dicían a quen os mirábamos: dignidade. Por que a dignidade foi o alento que os mantivo a todos hasta chegar a súa ancianidade, e pasados os anos, nin un solo sopro de este aire, deixou de acompañalos. Eles chegaron vivos hasta o século XXI, pero moitos outros quedaron no camiño, e grazas a todos eles, hoxe vivimos en un mundo, donde a democracia e as liberdades, pódense disfrutar, sin medo a que unha noite, uns petos na porta da túa casa, fagan, que por pertencer a un partido peligre a túa vida. Por que estas xentes, que foron torturadas, insultadas, denigradas, ameazadas, fórono, nos mais dos casos, por ser militantes de partidos demócratas, intelectuais, mestres, artistas ou simplemente, por ser irmáns, ou fillas, ou mulleres de quen militaba, en algún daqueles partidos e organizacións políticas, que cando a turba militar dou o golpe de estado do 1936, formaban parte do Goberno, Deputacións, ou Concellos democráticos. Seus irmáns, pais, e homes, foron paseados, fusilados, torturados e asasinados sen compasión, por parte de unhas xentes, que amparándose na forza, impuxeron o seu criterio a todo un pais, sólo para que os conspiradores e unha iglesia de costas ao que a propia iglesia propugna, puideran ter atenazados a todo un pais e a súa cidadanía. Por iso estes golpistas, sempre perseguiron, cos actos que os caracterizou, inculcar no pobo o medo, para que as xentes foran obedientes e sumisos. Penas de morte ou o que é o mesmo, asasinatos disfrazados de legalidade, depuracións, destitucións, incautacións, violacións, ameazas, persecucións e vixiancias de esas persoas, formaron parte de esa sociedade imposta pola forza das armas e da violencia. Unha sociedade, da que esas mesmas xentes, intentaron escapar, exiliándose lonxe da terra que os vío nacer, e os que non o conseguiron, viviron mudos, por que nunca tiveron a oportunidade de falar, e mesmo que tiveran a oportunidade, moitas tamén preferirían calar para sempre. Moitos de nós coñecemos xentes, mesmo temos parentes, aos que lles tocou morrer as mans dos violentos, moitos de nós coñecemos persoas que quedando vivas, desearon morrer, sólo por ver o que viron, e por sentir o que sentiron, e na nosa man está, recordar aos que aínda non naceron, como foron as cousas nesta terra que nos vío nacer, e facer que a memoria siga viva, por que o que dixo aquelo de “O que non quere coñecer o pasado está condenado a repetilo”, tiña toda a razón do mundo. Columnas anteriores
|