Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XXI): As fervenzas de Chacín  Correo-e
sábado, 08 de marzo do 2008

Image

Voltamos de novo ao concello de Mazaricos, que agocha ducias de recantos encantadores no seu interior. Se hai un par de semanas visitábamos a devesa e malia fervenza de Santa Leocadia, hoxe paramos ben pretiño, para termos unha ruta ben preparadiña.Image

As fervenzas de Chacín ofrecen a posibilidade de escalar e introducirse de cheo no vida do río. E tan de cheo, porque, desta volta tamén, o acceso á zona é ben complexo. Dáse ben chegar, pero hai que ter claro que hai que bregarse e meterse polo medio de pequenas toxeiras ao tempo que esquivamos a maleza de árbores mortas que hai polo camiño. Con todo, ben merece a pena chegar ata o cumio e disfrutar do agradable bruar do auga caendo na pedra.

Como chegar

Repetimos esta semana a posible excursionciña que se pode facer para pasar unha xornada polas paraxes máis variadas da Costa. Partiríamos a media mañá, para non forzar moito, de Brens, detrás da fábrica de Ferroatlántica de Cee collendo o desvío que vai ao Pino do Val, pasando pola outra fábrica de Dumbría (Mordor II) e collendo á dereita. Esto tamén o podo facer dende a estrada AC-552 que une Carballo e Fisterra e collendo o desvío a Dumbría. Pasado Dumbría seguríamos sentido Pino do Val e daríamos con Hospital, onde podemos facer unha paradiña nas fervenzas de Hospital.

Collemos de novo o coche e cando chegamos ao Pino do Val collemos cara Serra de Outes. A poucos quilómetros xa topamos co marabilloso Chacín. Alí, primeiro atoparemos unha ponte nunha curxa pechada onde a man esquerda hai unha especie de lugar aberto. Un pouco máis adiante sae un desvío cara a arriba e esquerda que vai a Santa Baia. Alí, o pasar o cemiterio hai un carreiro cara abaixo, que cruza o regato. Aí hai que pelexar un pouco coa maleza (os acceso para estas cousas... xa se saben) e tirando uns 300 metros (pódese subir e afrontar unha baixada cando escoites moito ruido) atopas coas fermosas fervenzas de Chacín. Unha parede butral duns 10 metros que realmente impresiona. A semana que vén viaxaremos aí.

Devesa de Santa Leocadia

Aproveitando a inercia, collemos de novo o coche e seguimos tirando cara a Serra pero a 1 quilómentro xa atopo directamente a capela de Santa Leocadia coa preciosa devesa detrás, e a fervenza a uns 50 metros.

Aproveitando o solporImage

A cousa pode rematar moito mellor. Para voltar a casa, recoméndase que cadra co solpor, (pódese facer tempo parando a comer os bocatas e descansando un pouco, bañitos por aqui e por alá, un cafe no bar do pueblo...) para baixar cara Carnota, collendo a estrada que une Santa Comba e Muros e Carnota. Esto se faría volvendo un pouco cara atrás e na primeira rotonda coller á esquerda cara Muros. Ao chegar case ao alto do monte que nos separa da costa, hai que coller a dereita cara Carnota e sumerxirse no mar de muíños, para disfrutar dese entre lusco e fusco que tingue oa ensenada de Carnota dun vermelliño precioso. Estamos pois no mirador de Moureda, que visitaremos tamén nunha destas semanas, pero que hai tanto que ver que se acumula o choio.

Outros recunchos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
  • Fotografía de Rosaura Romo Hernández.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com