Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Denuncia cunha foto  Correo-e
domingo, 09 de marzo do 2008
Mira que hai cousas que mandar para esta curiosa e interesante inciativa que presenta estas semanas o grupo ecoloxista Greenpeace. Pola costa adiante non é difícil atopar nos lugares máis agachados e bonitos neveras vellas, televisións en 4 pedazos, e merda, moita merda. Agardamos poder facer un seguimento de como vai esta inciativa e irvos amosando imaxes que van chegando dende todo o país e sobre todo, a Costa da Morte.

Xa se sabe que unha foto de seguro di moito máis que todo o que poidamos denunciar coas teclas. Deste xeito Greenpeace realiza unha petición a os que querian protestar e que manden as súas fotos-denuncia. Para enviar a foto, xa sabedes que aquí tamén, visitade Greenpeace.org e só hai que seguir os pasos. Nós xa mandamos unha, que non é necesario ser un profesional para sacar unha fotiño que berre ben.

 Image

Escrito de Greenpeace

Convencidos de que a presión pública é un dos mecanismos máis efectivos para producir os cambios necesarios para a mellor protección do noso planeta, desenvolvemos unha nova ferramenta para a participación cidadá na defensa do medio ambiente.

Queremos implicar a toda a cidadanía para frear a crecente degradación do medioambiente do planeta. Todos somos testemuñas das constantes violacións ambientais que se producen, a diario, ao noso ao redor.

A través deste mecanismo, daremos publicidade aos teus testemuños fotográficos, creando así máis presión social na defensa do medioambiente e divulgando as deficitarias situacións nas que se desenvolven numerosas actividades humanas hoxe en día.

O noso obxectivo non é outro que sensibilizar á poboación sobre a realidade ambiental, achegando datos concretos. Unha vía directa e efectiva de pór o teu granito de area pola defensa do noso planeta.

Presentación

Na Coruña xa foi presentada a iniciativa o pasado venres, e en Vigo terá lugar o vindeiro venres 14 de Marzo de 19:00h a 21:00h na Asociación de Veciños Eduardo Chao, Praza da Princesa nº7-Andar 2.

Máis información

  • Greenpeace.org: Fotodenuncia.
  • Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en Pontevedra: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ;
  • Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en A Coruña: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com