Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Unha canteira do Grupo Villar Mir acompañará á fábrica en Dumbría  Correo-e
domingo, 09 de marzo do 2008

Semella que dentro de pouco o señor Villar Mir vai facerse con toda a Costa e imos ter que marchar. A semana pasada do exemplo de Dumbría como paradigma do mal uso das enerxía renovables. Falabamos dos 118 muíños que viran nos montes do concello, facendo da paisaxe algo menos importante. Ou do Xallas que xa conta con 4 encoros e 9 minicentrais nos 9 quilómetros que pasan polo concello. Todo para peto do señor Villar Mir, claro.

A base da sobreexplotación está a conseguir que odiemos as enerxías que dende algún sitio chaman renovables.Pois se de irrenovables xa nos sobran, case que nos sobraban tamén as fósiles. Pero aínda temos gañas de vender o noso patrimonio natural un chisquiño máis. Vendidos ademais ás grandes empresas españolas, que xa teñen demostrado a preocupación por Galicia e por cada zona pola que pasan. Desta volta será a macroempresa OHL, por suposto dentro do Grupo Villar Mir, que se está facendo rico a costa de todos nós e da nosa preciosa terra.

Image 

A canteira

A canteira chamarase Fragoso, e situarase ao outro lado da estrada, fronte a fábrica, nunha explanda que xa é propiedade da empresa, así que non vai haber posibilidade algunha de parallelos pés. Ocupará 6,2 hectáreas, algo menos de 6 campos de fútbol e explotará o granito da zona. A unha zona que xa estaba ben desfeita, un pouco máis tampouco lle pasa nada.

O proxecto está camuflado pola necesidade de pedra para acometer obras públicas, como a autovía e o corredor da Costa da Morte coas variantes de Brens e Sardiñeiro, ao igual que o peirao de Brens. A vida da canteira está pensada para 15 anos, pero se aumentan a produción anual, como está contemplada no proxecto, como consecuencia del aumento de demanda, durará menos.

O alcalde

Pequeño asegura que ten que estudiar o proxecto pero móstrase encantado con el. O único problema é que corta o camiño de Santiago xusto onde está a bifurcación dos camiños a Fisterra e Muxía. Malia que non lle afecte directamente ao camiño, de seguro que aos camiñantes lles encanta pasar ao carón dun Mordor II ampliado.

Conferencias

O Concello de Dumbría organiza unhas conferencias sobre Primeiros Auxilios e Prevención de Riscos e Caídas no Fogar. Terán lugar esta semana cos seguintes horarios:

  • OLVEIRA: Mércores, 12 de marzo ás 17:00 horas. Centro Social e Cultural.
  • BUXANTES: Venres, 14 de marzo ás 18:00 horas. Casa Cultural.

Escola de Espalda

A primeira semana do mes de marzo deron comezo as dúas primeiras escolas de espalda que se levarán a cabo ó longo deste ano no concello dumbriés:

  • ÉZARO: os martes ás 17 horas, na Casa de Cultura.
  • BERDEOGAS: os venres ás 17 horas, no Centro Social e Cultural.

Máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com