|
Pouco van variar as eleccións do 9M, o devir das actividades en Galicia. Podemos intuir que os resultados de onte, e calquera outros que foran, non van variar as decisións que se está tomando por estas latitudes co gallo de, por exemplo, o Plan Acuícola. O pasado xoves, a 3 días das eleccións de onte, o PSOE daba case que o finiquito ao Plan Acuícola. Touriño sinalaba que "o Plan non estaba ainda pechado e a Xunta asumirá a responsabilidade e tomara a decisión correspondente". Logo apelou todas as bondandes que este executivo está facendo pola defensa do litoral, apostando polo "desenvolvemento sostible e o medio ambiente", e por motivos económicos, non nos olvidemos da súa aposta máis forte. Un día máis tarde, Carmen Gallego aseguraba en El País: "Eu creo que a partir de agora non habrá modificacións importantes, malia que o plan está a expensas do que digan as consellerías de Medio Ambiente e Política Territorial". Vamos, que logo de estudiar as máis de 1.000 alegacións e respondelas, senón está pechado pouco lle falta. O futuro do litoral pasa cada vez por un tono oscuro tirando negro, máis que nada pola cor das caperuzas das piscinas, nada máis. Acordo entre PP e BNG contra o Plan A pasada semana tamén ofrecía unha curiosa estampa sobre o Plan. O PP tendéndolle a man ao BNG para formalizar un pacto contra a proposta do PSOE (non será a primeira vez que vemos este pactos, mesmo para formar goberno en algún concello de por aquí). Xa nos comentaba Suso Lista que o BNG segue en contra do Plan, pero que non pode interceder nas competencias da Consellería de Pesca. Non nos parece logo un bipartito isto, pero se cadra é así como funcionan as cousas. Seica agora o PP pretendía sacar algo disto tentando pactar con BNG para tirar abaixo o Plan, pero para meter o seu, como indica Adega que "que agredía a Rede Natura de forma total e absoluta", como nos contan dende Vieiros.com. Novas relacionadas Fonte
|