|
A Federación de productores lácteos (FEPLAC) manifestarase hoxe martes 11 de marzo ás 13:00 horas na planta de Puleva en Nádela, Lugo. Xa levan moito tempo loitando na defensa duns prezos do leite dignos que cubran os altos costes de produción. De feito, xuntáronse o pasado 4 de marzo en Aranda de Duero, cos membros de Castilla y León para realizar unha protesta ben activa. Dúas cisternas de leite foron desparramadas, unha na estrada e outra, procedente de Francia, ás portas da fábrica de Pascual, comprobando a mala calidade do leite, con cheiros e cores estranos. Onde está a Axencia de Seguridade Alimetaria? pregúntanse dende a Feplac, lembrando do burdo que é terse que acordar deles porque nunca están onde está a trampa. A Feplac promulga unha lei da defensa da calidade do leite, cun contro de trazabilidade do mesmo, chamado Plan Letra Q. Escrito da FEPLAC O directivo de FEPLAC e gandeiro de Mazaricos, José Manuel Fernández asegura que non existen motivos reais para que as empresas baixen o prezo do leite 6 céntimos. Fernández declara que esta baixada dos prezos responde a unha intencionalidade por parte das empresas de mellorar os seus intereses.O directivo da FEPLAC asegura que a manifestación de mañá será pacífica. Perante as novas que chegan ao sector estes días anunciando a baixada de prezos do leite ao productor, e atendendo as demandas dos gandeiros, nas que nos fixeron chegar a presenza de tratamentos abusivos por parte das industrias lácteas, no que a prezos se refiere, percatándose dun pacto industrial en contra dos gandeiros, FEPLAC acordou na xunta directiva celebrada o sábado día 01-03-2008 o seguinte: - Primeiro: Celebrar unha protesta dos gandeiros diante da fábrica Puleva (RAM) en Nádela-Lugo. O día 11 as 13:00 horas.
- Segundo: Diante do fracaso tanto da INLAC, como da mesa do leite, e tamén da factura única introducida o ano pasado, pedir a Consellería do Medio Rural que se traballe na elaboración dun contrato homologado para o sector productor de leite.
- Terceiro: Poñer de manifesto as declaracións do representante da Fenil D Nicolás López no mes de xaneiro, nas que ofrecía estabilidade nos prezos e non prevía alzas e baixas nos mesmos. O incumprimento do contido das devanditas manifestacións demostran a falta de rigor e seriedade das industrias lácteas españolas, provocando importantes perdas económicas aos gandeiros que as deron por certas.
FEPLAC pide a colaboración de cooperativas e sindicatos, así como a de todos os gandeiros nesta iniciativa demandada por estes. Novas relacionadas Fonte
|