|

Este domingo 16 de marzo de 2008, ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) anuncia a presentación do proxecto de educación e recuperación do patrimonio ambiental "Aldea Verde", unha iniciativa que fomenta a dinamización sustentable do rural galego. A presentación será en "A Casa da Eira de Xoana", unha ecoaldea sita en Ramil, concello de Agolada, na provincia de Pontevedra. Estas actividades teñen tamén como obxectivo a potenciación, a divulgación e o coidado dos valores da comarca, tanto ambientais como culturais e etnográficos.. Proxecto AldeaVerde O exemplo que ofrece ADEGA é a comarca do Alto Ulloa. Comarca que en boa medida conserva a paisaxe e as costumes rurais e na que a asociación teñen moita experiencia logo do traballo realizado en proxectos de educación e equipamentos de educación ambiental como en iniciativas de dinamización cultural ou en procesos de defensa do territorio ou de recuperación de oficios tradicional. O Proxecto AldeaVerde divulga sobre todo a Educación Ambiental, promovendo sistemas de xestión rural como o programa de compostaxe caseira (co que xa anda Corcubión), programa de creación de zonas húmidas para a depuración especialmente indicadas para pequenos núcleos de poboación e vivendas illadas, ecoloxía cotián no rural, etc. O Centro Aldeaverde pretende ser un modelo, un referente no país onde todos podamos acceder a información no tocante ao desenvolvemento sostible do rural sendo ademais un un motor de desenvolvemento para a comarca, dinamizadora do ecoloxismo, asociacionismo local, etc.. Agroecoloxía A agroecoloxía está colleitando unha morea de seguiemento nos últimos tempos. Multiplícanse os congresos, cursos e inciativas de este eido, como o curso de posgrao que se celebra Escola Politécnica Superior de Lugo ata o 3 de abril (trítico en pdf). "Unha mirada ética cara a agricultura" é o título deste curso, nunha facultade que acole tamén un congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica moi intersante on de arrexunta todo o roxagro galego. Disque andan tamén por Ourense coas II Xornadas de Agroecoloxía que rematan este venres 14 de marzo. Son moitos os colectivos que están a achegar a agroecoloxía ao rural galego "como forma de vida alternativa aos círculos comerciais actuais tanto para consumidores como para produtores". Grupos como Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Asociación de Consumo Responsable de Ourense ou Verdegaia, apostan pola agricultua ecolóxica coo zarón de desenvolvemento, ao igual que propoñen os nosos veciños de Merexo, que xa teñen os morteiros preparando as sementes das cebolas ecolóxicas que supoñen a alternativa sustentable á piscifactoría. A imaxe de arriba non corresponden a ningunha aldea abandonada na zona, que as hai, senón que se trata dunha casa de Trasufre, Muxía, moi preto das fervenzas de Trasufre, que se atopa en venta. A de abaixo é da Aldeaverde. Novas relacionadas Fonte
|