|
Falabamos esta pasada fin de semana da nova e intersante iniciactiva que leva a cabo Greenpeace da Fotodenuncia. Logo de falar con eles, a asociación está encantada en colaborar con nós para ir presentando as distintas imaxes que atinxan á nosa querida e maltratada Costa da Morte. Para enviar as vosas fotos á inciativa podedes mandar dende a paxina da Fotodenuncia de Greenpeace, ao tempo que enviades a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, e matamos dous paxaron dun tiro. Somos nós mesmos os que peor tratamos o noso entorno, pero tamén habemos ser nós os que non denunciemos e nos decatemos dos erros que imos cometendo. Intentaremos ir poñendo unha imaxe da inciativa cada fin de semana, para establecer un equilibrio coa beleza demais dos recunchos. Sen máis, e logo de recibir xa unhas 10 imaxes de Greenpeace no tocante á Costa da Morte, entre as que hai dende denuncias dos vertidos, pasando polo asesinato da fervenza do Ézaro, á rexeneración de praias ou á contaminación da ría, o asunto do urbanismo salvaxe é o máis prolífero. Eliximos esta que se situa en Malpica, que por certo, vedes que acabamos de inaugurar a nova sección, de igual xeito que cos concellos de Laxe, Mazaricos, Ponteceso. O título da foto di: "Malpica, desenvolvemento urbanístico insostible": Obra paralizada pola Consellería de Política Territorial debido á súa ilegalidade; hai dous edificios máis nas mismas condicións. Novas relacionadas - Denuncia cunha foto.
- O recuncho da Costa (V): A fervenza do Ézaro.
Máis información - Greenpeace.org: Fotodenuncia.
- Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en Pontevedra:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
;
- Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en A Coruña:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Fonte
|