|
De ven en cando falamos con Suso Lista para que nos poña ao día da actualidade no seno do BNG. Onte falabamos con el para preguntarlle a valoración das eleccións, como estaba o ánimo pola banda bloquista. Suso mostrábase encantado cos resultados ao igual que o partido, e máis trala debacle dos grupos mal chamados "nacionalistas". Unha vitoria, unha subida en votos con respecto ás xerais anteriores (que as municipais non contan porque se vota a persona, que nos lembra) en todos lados, en Galicia, na Costa e mais en Corme, do que se mostraba encantado. Corme segue sendo de esquerdas xa que entre o "soe" e nós ghanamos os rojos, comentaba ben contento.
Suso actor Pero Suso ten moito máis que ofrecer, mais que lle pese a moitos inimigos. Non é a primeira vez que amosamos a polivalencia de Suso Lista, ex-patrón maior da confraría de Corme, escritor no seu espacio emocional e literario, político co BNG en Corme ou actor. Desta última faceta, e aproveitando que dende Corme.net tamén se fixeron eco das súas peripecias tras da cámara, botamos man do señor yutuf para promocionar o seu traballo e mais do seu amigo Omar Rabuñal, rapaz da Coruña, que ten o don de crear historias de calidade máxima. De seguro que o veremos polo mundo adiante ben cediño. Este corto, ´Da man da raíña vermella´, do que amosamos un pequeno avance, e que foi presentado xa na Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde se formou Omar, xa anda de festival en festival, sendo a primeira parada no festival argentino do Gualeguaychú Suma, en Entre Río. Cómpre tamén botar un ollo no youtube, onde hai colgados uns cantos proxectos de Correlo Pictures con Suso Lista, como "A morte ten un prezo (200€)", "Ida e volta" ou "A crise da pesca". Iremos repasando estes vídeos a modiño porque todos dunha tirada se cadra cansan, e a verdade é que non teñen perda. Correlo Pictures Correlo Pictures, promotora de Omar Rabuñal está establecida en Feáns. Coñecedes os novos edificios de Mesoiro, en Feáns, onde se desenvolve a acción doutro filme de Omar que recomendo fervientemente, Chamábanlle Feáns, que no youtube só temos un minutiño de trailer pero a mediametraxe de 40epico minutos é espectacular, con drogas, mafia, acción e sexo. Sumerxídevos nos seus vídeos porque non vin un malo, aínda. Animamos a todo o mundo que faga algunha cousa interesante no tocante ao audiovisual ou á musica, que nos avise, que nos mande a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, que aquí estaremos ben contentos de facer que a bisbarra siga movéndose. Por favor, abténganse porno e demais variantes. Novas relacionadas Fonte
|