Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Comisión Europea pide información sobre o caso da Fervenza  Correo-e
jueves, 13 de marzo do 2008

Image

Dende aquel fatídico 10 de novembro, cando máis de 1.500 peixes morreron afogados no encoro da Fervenza, as responsabilidades vanse depurando. 2 altos cargos de Augas de Galicia e mais 2 de Ferroatlántica, xa foron imputados pola xustiza española.

O grupo ecoloxista PX xa denunciara os feitos ante o Valedor do Pobo, da man de Rafael Lema. Tamñen o fixo coa Comisión Europea, que por febreiro aceptaba a denuncia e se puña mans á obra co asunto.

O pasado martes 11 de marzo de 2008, o comisario europeo de Medio Ambiente, Stravos Dimas, solicitaba ao goberno español información sobre o cumprimento da normativa ambiental. A Comisión semella non estar interesada en estudiar a actuación da concesionaria Ferroatlántica, senón que máis ben os tiros apuntan a Augas de Galicia. Deste xeito, as actuacións da Xunta serán por fin analizadas por un organismo exterior, mentres a señora Ferroatlánica seguirá sendo estduiada pola xustiza estatal. Un pouco para todos, que ben o merecen.

Estado actual do encoro

Dende aquela, e tras o outono máis seco dos últimos 50 anos, e un inverno que tampouco está moi mollado, o encoro non sobe. Así, o da Fervenza está a 10 de marzo de 2008 ao 30% da súa capacidade, mentres o de Santa Uxía ao 88%, coa produción hidroeléctrica a toda pastilla. Supoñemos que será para o importantísimo museo da electricidade ese, claro.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com