|
A semana pasada, cando se comezaban a oír as voces altisonantes dos veciños cunha concentración, convocada pola ANPA e outros colectivos, e demais balbordo, chegaba unha chamada dende algún lugar do camiño de Santiago. A chamada anunciaba que con premura se lanzase aos medios que o pavillón xa conta cun proxecto a 3 meses para a súa reconstrución. Pois semella que as cousas cambiaron de novo. Durante o pleno do pasado 12 de marzo de 2008, o alcalde aseguraba que o presuposto de reparación do Polideportivo ascende a 230.000€, e que non se vai acometer nin de broma. Deste xeito, a proposta do alcalde pasa por tirar o pavillón e recalificar os terreos para que sexa unha empresa privada q que constrúa un novo, cuxo coste ascendería a 4 millóns de euros, pero como os paga a empresa privada de turno, parece que non importa, pero si o fai é porque compensa seguro. Privatización A posterior concesión para a explotación do pavillón (xa estamos deixando en mans privadas cousas que deberían bens comúns, coma un pavillón onde van os cativos a facer as súas actividades físicias) sería durante uns 20 ou 30 anos, durante os que o concello terá que abonar uns 90.000 euros anuais, cantidade asumible, segundo asegura o alcalde (ano a ano 90.000 euros son algo máis que 230.000 dunha tacada, non?). O alcalde ten pensado mesmo onde pode ir o novo pavillón: que si na Lagarteira, uque si no monte Son ou canda o antigo asteleiro de Sicar. A intención de Vigo é montar unha especie de coliseum pequeno e de ámbito comarcal, i é que debe molestar que concellos máis pequenos coma Corcubión teña un pavillón mellor. As reaccións non se fixeron agardar e dende o seno do Bloque xa temos resposta. O BNG xa solicitara unha moción para que a obra sexa prioritaria e rexeita ter manipulado a concentración da ANPA do Euxenio López. Sobre as recalificacións, o BNG pregúntase xa por cal será a seguinte, será o Centro de Saúde? Home, se nos dan tanto como pola Cidade Deportiva do Madrid... Nota de prensa do BNG de Cee O BNG de Cee quere facer as seguintes puntualizacións ao respeito das declaracións efectuadas polo alcalde de Cee en rolda de prensa o pasado mércores 12 de marzo: - No último pleno municipal, o BNG de Cee, unha vez que se coñeceu que o presuposto de reparación do Polideportivo ascendía a 230.000€, preguntou ao Alcalde se tiña a intención de levar a cabo esta obra, ao que respostou literalmente que non. Ante estes feitos, ao día seguinte presentouse unha moción destinada a priorizar esta obra e explorar novas vías de financiamento. Coma outras veces, o BNG levou ao Pleno os problemas reais que afectan ao pobo e destapou o pasotismo do Goberno Municipal (sobre todo do Alcalde).
- Rexeitamos completamente as acusacións de que a nosa organización manipulase a concentración impulsada pola ANPA de Eugenio López e que apoia a maior parte do tecido asociativo de Cee. Nós temos unha concepción democrática da Sociedade e non pensamos que as organizacións estean ao servizo de intereses individuais ou persoais (como é o caso de IxCee). As asociacións que apoian a Concentración para unha solución inmediata do peche do Polideportivo defenden o seu dereito a practicar deporte con dignidade. Cre o ladrón que todos son da súa condición. O Sr. Vigo non cre na pluralidade das organizacións sociais e na defensa que estas fan de cuestións totalmente xustas. Nós sí.
- Lamentamos o menosprezo que o Alcalde fixo da capacidade das mulleres de pensar por sí mesmas. Demostrou a súa estatura ideolóxica, digna da Idade media.
- O proxecto de Mini Coliseo que presentou o Alcalde é unha cortiña de fume para saír do paso. As actuais normas urbanísticas non contemplan zona deportiva algunha en terreos de propiedade municipal. A única zona deste tipo que se prevé está na Lagarteira, nuns terreos privados, pendientes dunha decisión xudicial que aclare a súa titularidade. Ademáis, pretende privatizar a práctica do deporte.
- Apuntou a recalificación dos terreos onde se asenta actualmente o polideportivo. Que será o próximo en recalificar, o centro de saúde ou as casetas do paseo marítimo?
- O incremento de gastos en salarios de persoal político e de gabinete respecto ao anterior goberno, que con tanta razón criticaban, permitiría amortizar o arranxo do pavillón en tres anos.
Novas relacionadas Fonte
|