|

Ao longo destas últimas semanas o asunto do plan eólico está en proceso de adxudicación e toma de posicións. Claro está que a electricidade producida polos parques eólicos sempre entra na rede eléctrica, polo que substitúe á electricidade de orixe sucia, pero en que medida isto non é contraproducente? Sabemos que cantos máis viraventos haxa, menos traballan as térmicas (verdadeiras lacras da contaminación ambiental, ao igual que os coches, claro). Para situarmos, estamos a falar dun país onde o 60% do consumo eléctrico sae de enerxías renovables (se lle podemos chamar renovable ao exceso de explotación no terreo hidroeléctrico, eólico, de biomasa ou solar, que case non se destila). Galicia mira alto cara o 2012, onde se propón que esta cifra suba ata o 95%. Como? pois a base de aforro enerxético (as axudas da Xunta superarán este ano os 27 millóns de euros que tampouco sei moi ben a que se destinan, se aos panfletos informativos ou os anuncios na tele de Medio Ambiente) e, sobre todo, a un incremento da produción de enerxía eólica fulgurante. 6.500 megavatios, uns 6.000 viraventos serán colocados polos montes galegos para que chegue ao 54% do consumo nese 2012. Galicia referente mundial España é a 2ª potencia mundial de produción de enerxía eólica, pero é que Galicia case duplica a produción (case 6.000 gigavatios hora) de electricidade a calquera outra comunidade do estado. Está pois, Galicia entre as 6 potencias mundiais en produción eóica, pero iso si, non hai páis con maior concentración de viraventos por quilómetro cadrado: 88 kW/Km2. Moitos colectivos quéxanse da falta de ordenación no crecimento dos parques eólicos, i é que como veíamos a semana pasada en Dumbría, Galicia está completamente ateigada de viraventos e non hai monte, com río, sen o seu muiño. E o máis terrible, é que o 30% da electricidade producida en Galicia non se consume aquí. A empresas contra a Xunta O asunto está agora coa nova adxudicación de 2.325 novos megavatios, uns 25 parques, dos que seguro que aquí toca algún, que temos moi pouquiños. As grandes empresas están que se pegan por eles, xa que a demanda (arredor de 10.000) supera con creces á oferta. Tan só había un escollo para que empresas privadas e Xunta apañasen, Xosé Ramón Doldán, xa exdirector do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) ao que o Bloque se encarrexou de despachar para ficha a un vello coñecido das grandes, Juan Álvarez. Para que logo chamen radical a este BNG. A Xunta partcipará de xeito decisivo na adxudicación dos plans. Asegurouse ter unha participación de 22 sobre 100 (tampouco é tan decisiva agora que o miro), que obrigará ás empresas a contar co beneplácito da Xunta de turno. Mentres, as empresas seguen pedindo máis vantaxes. Agora 4 das 23 operadoras que traballan no pais, acaban de presentar un recurso contra da caducidade das concesións que otorgara o goberno do PP. Estas 4 empresas rompen así o acordo que tiñan coa Xunta para non levar o tema ante o xuiz. Deste xeito o asunto seguirá nos xulgados e nos despachos, mentres uns se enriquecen e as vacas rumian ao son runrun dos muíños. Impostos No medio das negociacións, o TSXG (Tribunal Supremo de Xustiza de Galicia) acabde aprobar unha sentecia que obriga a incluir o coste do equipamento eléctrico dos aereoxeneradores na base dispoñible do imposto municipal correspondente. Isto é, que as empresas deberán pagar máis impostos aos concellos onde estén situados os seus parques. Por fin unha desas medidas (unha pena que teña que saír da xustiza) que fará que revirta algo na zona os danos que supón acoller unha instalacións destas características. Aposta polo aforro Dende asociaciones ecoloxistas como Verdegaia están dacordo co crecimento das renovables, por suposto, pero baixo unha ordenación sustentable, e mirando sobre todo cara o aforro enerxético. Porque malia ter aumentado en renovables, a emisión de gases que contribúen ao cambio climático medrou o 30% entre 1990 e 2004 en Galicia. Verdegaia, por exemplo, lembra como o antigo goberno do PP aprobara a instalación de parques eólicos sen establecer a penas restricións ambientais, cando foron afectados 15 dos 59 espazos que integran a Rede Natura 2000 en Galicia. Polo que renovables si, pero o aforro enerxético vai antes. As imaxes corresponde ás vistas dende o monte Faro de Vimainzo e dende o Pico de Meda de Zas. Novas relacionadas Fonte
|