|
Esta fin de semana presentamos a unha desas figuras do panorama cultural galego que aparece por todas partes. Sechu Sende (Padrón, 1971) participa en accións de tipo social e cultural. A dinamización sociolingüística é un dos seus temas favoritos, xa que ademais é profesor de lingua galega, A súa obra como escritor, trae obras como Orixe (Premio Blanco Amor 2003) ou a de poemas Odiseas (1998), da editorial Letras de Cal, da que foi membro fundador. Non queda aí, participa tamñén activamente en diversos colectivos sociais, como Arredemo, Burla Negra, Area Negra, AS-PG ou Nunca Máis, e como curiosidade máis curiosa, é domador de pulgas no Galiza Pulgas Circus. Sechu vén de publicar o seu último libro, Made in Galiza (2007), que recibiu o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano. O seu xeito de entender o noso país pode resumirse nestas as súas verbas: "Galiza é unha fábrica de palabras e non podemos rexeitar o noso produto, o galego, porque é a nosa etiqueta máis orixinal e máis valiosa que nos fai únicos como pobo".  Os seus debuxos Unha das cousas que máis nos chamou a atención de todas as súas actividades foron os seus debuxos. Podémolos atopar no seu blogalego da Blogoteca (lembren, cando queiran montar un blog, non necesitan ir buscar ao señor wordpress ou blospot, que xa temos un de produción propia), Made in Galiza. Iremos cada fin de semana reflexando unha desas paradoxas naturais que o polivalente artista nos ofrece co seu beneplácito, tentando que reflictan o mellor posible a realidade da nosa bisbarra. Hoxe temos aquí ao "Poldro eólico", que tal e como están montes pola Costa da Morte, semella que o asunto vén ao pelo. Nada máis, moitas gracias a Sechu e que siga na brecha. Novas relacionadas Fonte e máis información
|