doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Colleitando música galega: Dios ke te crew  Correo-e
sábado, 15 de marzo do 2008

ImageImage

Outra nova sección nace neste diario. En colaboración coa Radio Neria, e co programa Neria Deportiva que se emite os venres de 16:00 a 17:00 e se repite os sábados de 11:00 de a 12:00, comezaremos a repasar o panorama musical pangalaico, como lle di Xurxo Souto no seu programa da Radio Galega "Aberto por reformas", que se emite precisamente de 16:00 a 17:00 e que nos aprende a todos da vangarda e da vella garda da musica galega.

A nosa intención é a de promocionar a música propia, a música de aquí, tan descoñedida na bisbarra, onde non pasamos de orquestras, que son outro tesouro, pero que hai máis cousas por detrás. Deste xeito, repasaremos tamñen as cousas que se fan pola Costa da Morte, como os proxectos ghipghopeiros de LëoKCH e Alex Shorty, ou a música electrónica de Dj Veda. Así animamos a todos aqueles que fagan cousas relacionadas coa música que se poñan en contacto con nós en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , xa que estamos nun sitio onde é máis fácil coñecer o grupo que nace no Soho, que os que temos diante da casa. Disque por Ameixenda hai xente tocando, sen ir máis lonxe.

ImageDios ke te crew

Comezamos esta sección cun dos meirandes clásicos da música galega actual. Os Dios ke te crew nace como un colectivo de MC´S, DJ´S, graffiteiros e breakers formado na localidade de Ordes da fusión dos grupos 5Talegos e Ghamberros. Os membros do grupo son de Ordes, VIlagarcia, A Coruña e Compostela. A día de hoxe xa son un referente no panorama estatal do hiphop. Logo de buscar polo yutuf atopamos algún cunha calidade máis uo menos decente, como este no que saen nen concerto co eu tema Profecía, do 2º traballo, Xénese.

Deron o salto da man do movemento de Nunca Máis, cando puxeron a banda sonora a varios dos marabillosos cortos que saíron naquela ristra do Hai que botalos. O espectacular vídeo Carretaxe amosa a normalidade dunha xornada electoral dunha aldea ourensá, onde os concelleiros (neste caso do PP) van e volven, traendo aos veciños máis vellos á votar e devolvéndonos para casa. Aquí en Galicia a xente déixase moito de votar. Hai que sacala de casa.

Tamén participan no corto "O derradeiro", protagonizado por Carlos Blanco e Paco Lodeiro que serve de oda á loita contra a desaparición do galego nos estamentos oficiais, con Paco Vázquez, referente do antigaleguismo, como centro da trama. O tema chamábase "Non jodas con Arteijo", pero logo da publicación do 2º disco "Xénese" queda co nome de "Herdeiros da ditadura", xa convertido nun mítico. Mesmo no último proxecto de Antón Dobao, a longametraxe "A Mariñeira", que puidemos disfrutar da presentación e Cee, sae o tema a toda pastilla nas orellas do mp3 dun dos protagonistas.

Falando un pouco das súas influencias, o grupo mamou moito rap mítico. Os Public Enemy son un referente para todos, non só para eles. Tamén foron collendo cousas da música electrónica, coma Prodigy ou Dj Shadow, para conseguir montar esta festa cargada de protesta social que tanta falla fai nesta sociedade galega do mexan por nós e dicimos que chve. Seica está cambiando o asunto.

Este é o vídeo de Hai que botalos, O derradeiro, agarden ata o final que o tema sae cos créditos, e merece ben a pena.

Máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com