|

Casi sempre sucede, que coñecendo feitos, cousas, e costumbres de sitios moi lonxanos, descoñecemos os mesmos feitos, cousas e costumbres dos sitios donde vivimos ou habitamos. Pasa con moita xente, que sabendo preparar un sushi, descoñecen absolutamente o tempo de cocción do pulpo, ou a cantidade de pimentón que leva o prebe da caldeirada de bacalau, por non decir, ahora que se leva tanto, bailar o break e descoñecer a muiñeira. Non sei se será bo ou malo, pero penso que calquera carencia ou descoñecemento, sea de feitos, cousas ou costumbres, supón pobreza para quen ten as carencias, e non quero dicir con isto, volvo a repetir, que sea bo ou malo. Penso que cantas mais cousas sepamos, mais nos enriquecemos e penso tamén, que a vida debe de ser un continuo aprendizaxe, xa que cando a apatía ou o pensamento de que xa o sabemos todo, se instala dentro de un, é xustamente cando empezamos a morrer, aínda que o alento nos entre e nos salga dos pulmóns. A capacidade de sorprenderse, a capacidade de disfrutar cas sorpresas que a vida nos vai deparando, é coma o caldo, a raíz do corpo, o que nos fai seguir vivos deseando espertar mañá e descubrir algo novo, ou vello pero que antes non lle prestáramos a atención suficiente como para darnos conta que estaba ahí había moito, moito tempo. A xente con ilusión, que non esperanza, ten un brillo nos ollos completamente diferente, o brillo que teñen os ollos con bágoas, ou os ollos afumados, ou os ollos aventados. Os ollos da ilusión ven mais alá do que a propia vista enseña, ven mais alá do que os periódicos e as biblias nos din que é a verdade. Din que a fé move montañas, pero non vin unha soia montaña moverse pola fé, pero pola ilusión vin moverse persoas, vin moverme eu mesmo, por eso sei que certo. Non necesito promesas de paraisos, nin de ceos, nin de sitio a dereita de ninguén; ilusión e capacidade de sorprenderme é o que necesito, non para ser mellor que ninguén, senón simple e llanamente, para seguir vivo. Columnas anteriores
|