Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Vígo ameaza coa dimisión e o PSOE posiciónase pola restauración e rexeita a privatización  Correo-e
domingo, 16 de marzo do 2008

A convocatoria realizada pola Asociación de Pais e Nais de Alumnos do colexio Eugenio López tivo unha acollida moi seria na poboación de Cee. Logo de pasar 2 meses e medio sen poder utilizar o pavillón, e ante o pouco movemento que se lle víu ao concello, a ANPA convocou unha concentración coa intención de que se comece a traballar xa pola causa. Arredor de 300 pesoas, do colexio, de equipos deportivos, de asociacións e demais veciños, marcharon con pancartas esixindo a volta do "PAVILLÖN XA!!". Mesmo un coche con megáfono, seguro que reciclado das eleccións, berraba "Polo noso dereito á educación, polo noso dereito ao deporte", reflectindo a importanciadun pavillón municipal nun concello coma Cee.

Vigo ameaza con dimitir

O alcalde de Cee, Ramón Vigo, avisa. Como o PSOE, aliado no goberno, non acompañen ao alcalde nesta decisión, terá que tomar unha decisión. Aínda non se sentaron todos os membros da coalición para tratar o tema en serio, amais. Unha disputa interna así sería suficiente para provocar unha dimisión?

O proxecto de tirar con este e montar un novo, de concesión privada, non semella a mellor opción, sempre e cando seremos todos veciños os que paguen os pratos e os prezos que ao señor empresario de turno lle pareza. Unha vila coma Cee ten que contar cun pavillón municipal de calidade, e se non hai cartos e hai que retellar, se retella.

O posicionamento do PSdG

O PSdG vén de mandar un comunicado. O grupo asegura que a medida de pechar o pavillón, sabendo que é impopular, foi tomada en consenso e é necesaria. Pero avogan pola restauración, de este pavilló, pola comodidade da súa situación.

Ademais o grupo socialista móstrase en contra da privatización do deporte e da hipoteca de 30 anos que suporía. Deste xeito, terán que haber reunións e reunións para convencer ao alcalde de que a proposta do Minicoliseo terá que quedar para outra ocasión.

Comunicado do grupo municipal socialista de Cee

Desde que neste grupo de goberno tivemos constancia das graves deficiencias do pavillón polideportivo municipal, seguimos os pasos que nos pareceron máis correctos. A decisión do concelleiro de Deportes de pechar o pavillón foi tomada consensuadamente por todo o goberno para garantir a integridade física de tódolos usuarios. Cando se tomou esa decisión, asumimos que podía ser unha medida impopular, como o son tódalas medidas restritivas, pero valoramos as opcións, e a seguridade das persoas primou sobre calquera outra posibilidade. A isto chegamos despois de pedir varios informes que coincidían todos no mal estado das instalacións e na falta de seguridade dos seus usuarios, e todos estos informes recomendaban o peche inmediato. Pensamos que a medida tomada foi a correcta.

Aposta pola restauración

Encargouse un proxecto de restauración, estamos tratando de buscar a financiación das administracións para afrontala, financiación que pretendemos se faga a tres bandas: Xunta, Deputación e Concello.

A actividade deportiva durante este tempo non cesou, trasladándoa o pavillón municipal situado en Brens (no que tamén tivemos que solventar deficiencias) e co pavillón Agra de Raíces. Entendemos que poida resultar un pouco máis incómodo porque haxa que desprazarse, mentres que ao pavillón pechado se podía ir camiñando polo céntrico que quedaba. E por iso mesmo, pola comodidade que supón un pavillón no centro do pobo e polo servizo que presta aos alumnos do colexio Eugenio López, desde o grupo municipal socialista entendemos que debemos conservar e arranxar este polideportivo aínda que iso non significa que esteamos en contra da construción dun novo en canto sexa posible, porque é algo que levábamos no noso programa, pero para facelo trataremos de conseguir a financiación doutras institucións (Xunta de Galicia e Deputación), ademais da do Concello. Isto non é nada novidoso, porque tódolos concellos recurren aos mesmos procedementos.

Tódalas medidas tomadas ata agora se fixeron baixo a responsabilidade da Concellería de Cultura e Deportes que ten as competencias delegadas desta área e mentres as siga tendo, seguirá adiante co proxecto de restauración; sobretodo, tendo en conta, que de momento é a única opción que temos sobre a mesa.

Ademais queremos aclarar que nós non somos partidarios de privatizar o deporte e tampouco de deixar o Concello empeñado sen necesidade durante trinta anos, polo que nos afianzamos na nosa postura de que sexa financiado por outras administracións.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com