|
miércoles, 19 de marzo do 2008 |
|
Eran xa vinte anos coa mesma boina. A verdade çe que xa estaba un pouco pasada de moda. Tanta ferruxe, esa cor negra xa non vende. Hai que modernizarnos. E como xa hai acordo entre Patrimonio e Deputación, pois xa podemos, cando menos, poñerlle un caperuza máis moderna. Visitabamos esta fin de semana o lugar en Cabana de Bergantiños, un dos concellos que mellor ten sinalizado e coidados as súas xoias, onde os mozos que informan coidadosamente da historia e das novidades que ocorren arredor da anta. Disque unha carpa semellante ás do circo sustiruirá a lona de obra que cobre un dos tesouros máis preciados do patrimonio histórico da nosa bisbarra. Pero primeiro montarase a do circo, para posteriormente quitar a vella e as bigas de formigón que campan polo medio do dolmen moi ben integrados no entorno. Novas relacioandas Fonte
|