|
Falabamos estes días co novo patrón maior da confraría de Camelle, Xosé Xoán Bermúdez, para preguntarlle polo asunto da piscifactoría de Arou e polo estado das obras no peirao. A confraría fíxo público a pasada semana un comunicado posicionándose frontalmente en contra á construción da nova piscifactoría de Arou, a tan só 3 km da granxa da Xandriña. Resulta que o novo patrón maior, que leva no cargo dende febreiro, é tamén voceiro da Asociación Arouca. Dita asociación leva en loita contra o Plan Acuícola tanto tempo como a 4 da marea multicolor coas rúas empapeladas con pancartas, pero se cadra sen facer tanto ruido públicamente como as de Camelle, Quilmas, Merexo ou Seiruga. Xosé Xoán resalta a falta de información que hai na vila, e que ninguén foi a falar con eles a explicarlles o proceso. Así, asegura que os veciños non queren vender as súas leiras, e menos para regalarllas a unha empresa de fóra. Xosé Xoán comentábanos que hai que falar con quen faga falta, en canto están a solicitar unha entrevista formalmente co Pesca (veremos se teñen sorte e os atenden). Polo de pronto xa hai unha confraría máis posicinada contra a indsutria acuícola, non coma noutros lugares coma Lira, onde o elevado número de traballadores non permite á confraría posicionarse debidamente. O campo do cura A historia do campo de fútbol é de traca. Xa léramos por aí hai uns meses que o campo de fútbol deixara de ser do concello para pasar a mans do cura, a modo persoal, ademais. Pois podemos ver na imaxe como está o campo agora. Enormes bloques e formigón repousan no campo para completar o fraguado. Alí están antes de baixar cara o peirao, que xa está completamente ateigado destes xigantes grises. O asunto foi que cando se firmou un convenio coa empresa de Noia que se encarrexa de facer os bloques que servirán para a ampliación do dique de Camelle, o cura quedou cos papeis do campo e cos 5.000 euros (segundo nos contan membros da Asociación A Pergoliña) da cesión do terreo do campo. Deste xeito, Camelle xa non ten campo de fútbol, é o cura que o ten, e veremos que pasa se nalgún momento Camelle quere facer un novo equipo. Se cadra o vende antes de nada. Bloques e chalanas de aquí para alá Ditos bloques campan por Camelle coma se fosen xigantes. É o prezo que hai que pagar se queremos o dique comenta Xosé Xoán lembrando que todo o mundo fala moito pero logo fai pouco. O asunto é que dende Portos de Galicia chegou unha circular á confraría que obriga a deixar unha zona do peirao, onde tradicionalmente apárcanse as chalanas, para colocar máis bloques. Os veciños están que arden, e xa piden explicacións e responsabilidades a Xosé Xoán, que máis non pode facer, dende o momento en que as premisas chean da Xunta. O pasado luns 17 de marzo, veciños de Camelle, entre os que andaban varios membros da Asociación A Pergoliña e o propio patrón da confraría, argallaban cal ía ser o destino de varios bloques que andaban de arriba para abaixo. As pesquisas situaban os bloques camiño da Coruña, pensando na fractura do paseo herculino e en que estes bloques xa teñen o tempo de fraguado copleto. Así e todo non había nada confirmado por parte do alcalde. Novas relacionadas Máis información Fonte
|