|
Os debuxos de Sechu: O Jabalí ceivo |
Correo-e
|
|
viernes, 21 de marzo do 2008 |
|
Continuamos esta semana colletando debuxos de Sechu Sende, activa figura do panorama cultural galego actual. De entre todas as súas actividades como dinamizador lingüístico, axitador social, chamounos tamén a atención a súa capacidade de transmitir a través dos seus debuxos. Podémolos atopar no seu blogalego da Blogoteca (lembren, cando queiran montar un blog, non necesitan ir buscar ao señor wordpress ou blospot, que xa temos un de produción propia), Made in Galiza. Por certo, a ver se pasa o Circo de Pulgas pola Costa da Morte. Esta semana recollemos un debuxo dun xabarín, que fala por si mesmo. Aquí queda o "Jabalí ceivo". 
Debuxos anterioresFonte e máis información
|