|
Xa nos contaban dende Merexo que alí prefiren cebolas ecolóxicas que non peixes de granxa. En Quilmas pensan igual pero se cadra van un paso máis lonxe. Falamos con Xosé Manuel Casais, voceiro da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, quen nos contaba que están preparando a creación dunha Cooperativa de produción ecolóxica. Falamos dunha alternativa de desenvolvemento sostible e económicamente rentable que pode fixar poboación mediante a creación de postos de traballo ao tempo que mellora a calidade de vida dos veciños e respeta o entorno e a beleza, neste caso, da preciosa zona de Quilmas, ameazada pola ampliación da piscifatoría. É un xeito de darlle vida ao rural, que non se pode vivir só de industrias, lembra Xosé Manuel. O pasado venres 14 de marzo, un par de técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuníanse en Quilmas con membros da Plataforma para descubrir o xeito máis áxil de crear unha cooperativa produtora. O primeiro paso é crear a Comunidade de Bens, que funcionaría como un Banco de Terras, onde os veciños poderán arrendar ás súas terras á cooperativa, sacando un beneficio da explotación, e sempre que o desexen, poden voltar a facerse con elas. A Comunidade de Montes tamén está no forno. A necesidade do coidado dos montes de Quilmas é unha prioridade, xa que dende o incendio do 20 de agosto do 2005 que arrasara máis 1.400 hectáreas e os do verán di inferno, deixan un paisaxe desolado. O monte está pois moi descoidado e precisa unha man que lle dea un uso máis racional para devolverlle a vida e poder quitarlle o rendemento axeitado. Xa conta Carnota, Lira ou San Mamede con esta comunidade, e agora Quilmas pretende realizar o mesmo, comezando pola recuperación do onte queimado. Excursión ás LobeirasA Plataformapola Defensa Cultural de Quilmas e de Adega organiza para este xoes santo 20 de marzo unha excurión ás Illas Lobeiras. O caso é que o número de viistantes marchou da man. Son xa 50 os apuntados, e moitos outros non puideron ser apuntados. Quilmas na TVGOs membros da Plataforma falaron xa coa dirección do programa que está a punto de nacer na Televisión de Galicia. O Valedor será un programa de denuncia social, que servirá para que o pobo fale e proteste polas inxustizas que consideren. Quilmas ten a palabra da dirección do programa para participar en canto empecen a grabar. Novas relacionadasFonte
|