|
A verdade é que polo de agora imos descubrindo pouco. Se a semana pasada ollábamos a traxectoria de Dios ke te crew, esta semana marchamos cara Ourense para repasar a un dos grupos máis importante e coñecidos do panorama pangalaico, como lle di Xurxo Souto. Lamatumbá está a punto de presentar un novo dísco, Paraugas Universal, que sairá ao mercado o vindeiro 18 de abril de 2008 directamente da Casa de Tolos de Gondomar, da discográfica PAI-Música. Lamatumbá nacera polo 2001, cando da man do selo Xingra sacara “Pachangüilanuí”, o seu primeiro disco. O salto mediático tivo lugar no 2005 co disco “Lume (para que saia o sol)!”, que editara con Falcatruada. Clásicos da banda sonora galega contemporánea, coma o grande o Licor Café (o vídeo de arriba recolle o tema nun concerto aló do 16 de agosto de 2006 en Noia), xa quedarán para a historia da revolución da música galega. 
Os sons rigui, ska e a fusión están presentes en cada tema e estarán na banda sonora que están a arranaxr para o novo Xabarín Clube. O Xabarín si que foi un golpe de efecto, unha revolución sonora neste país. Non sabía a telegaita a semente que estaba a prantar nas terras galega. Agora Lamatumbá conta co prestixio de facerlle unha nova banda sonora ao "porco máis famoso da tv mundial". Festa será o nome do tema principal, que supón unha medalla para un grupo tan importante. Sen máis, deixámosvos cun par de vídeos, pasade polo myspace parta escoitar os 4 temiñas que regalan, ou bota un ollo no yutuf que tamén trae divertidas actuacións do grupo ourensán. Esta de abaixo corresponde a un concerto na sala Olimpia de Vigo con Betagarri o 6 de abril de 2006. Para cando volverán por aquí?
Escolma de bandas galegas Fonte e máis información
|