Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A bitácora da semana: Amis95  Correo-e
viernes, 21 de marzo do 2008

Image

Non podíamos comezar doutro xeito esta nova escolma, esta colleita de blogs da bisbarra. Xa levamos tempo intentando recompilar o maior número de bitácoras made in na Costa e a verdade é que hai unha morea deles. Hai un bo movemento na rede a pesar da carencia de infraestruturas. Non quero pensar cando teñamos por aquí unha fibra óptica de verdade como vai andar a rede de ateigada.Image

Deste xeito cada semana iremos presentando as bitácoras máis representativas, ou as que máis nos gusten, tentando crear un vínculo dentro do espacio cibernético entre todos os que usamos esto da internet dende esta recóndita bisbarra.

Antes de nada, lembrar unha cousiña. Se vostede montar unha, na que lle gustaría contar a súa vida ou as súas reflexións, ten 3 posibilidades: o señor blogspot, mister wordpress, e a versión galega da blogoteca. Nos 3 é ben sinxelo montar unha libretiña onde as entradas publicadas van correndo formando unha especie de pergamino.

Amelia

Sen máis imos coa nosa blogueira favorita. Maria Amelia ten 96 anos xa, malia que o seu blog se chame Amis95.blogspot.com. I é que cando o seu neto lle fixera aquel regalo, aló por decembro de 2006, Maria Amelia López, natural de Muxía, tiña 95. Amelia vivíu moitos anos en Corcubión e na Coruña, e agora vive nas Rías Baixas, co seu neto que logo de regalarlle unha vida extra, mantén a súa ilusión día a día abrindo milleiros de cartas e respostándoas.

Porque, se Maria Amelia é a blogueira de máis idade da bisbarra, tamén o é do mundo, e desta nova fixérnse eco dende os lugares máis lonxanos do planeta. Reporteiros alemáns, ianquis... visitaron Galicia co único propósito de coñecer á abuela blogueira e de facerlle unha entrevista. A última, con ZP na Coruña, onde o presidente do goberno charlaba un bo rato coa nosa abuela e a invitaba a visitar a Moncloa.

Nós lembramos cun recordo precioso aquela mañá do primeiro de setembro cando quedamos con ela no concello para falarmos unhas horiñas con calma. Xa teño boas gañas de volvela ver, que alegría de muller.

Unha aperta forte para o neto, que lle regalou unha vida nova a Maria Amelia abríndolle un mundo de posibilidades que descoñecía e que agora a empurra día a día para seguir na brecha, tan nova e falangueira coma sempre. Graciñas Maria Amelia.

Novas relacionadasImage

Fonte e máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com