|
O recuncho da Costa (XXIII): Quilmas |
Correo-e
|
|
viernes, 21 de marzo do 2008 |
|

Xa levamos unha morea de tempo falando de Quilmas. Que se a Plataforma a xeito de marea vermella, que se o vertido de turno da piscifactoría... pero nunca salientamos a súa beleza. Quilmas é un lugar do mellor conservado da bisbarra. A remodelación das casas vellas faise con cabeciña, conservando as estruturas de pedra. Sempre hai un tocho de formigón polo medio, pero é que se non, non estariamos en Galicia. Así e todo, Quilmas líbrase bastante ben. Falamos pois dun pequeno e tranquilo lugar onde os seus habitantes (non chegan a 150) viven a modiño entre unha marea de hórreos. Non hai estatísticas de número de hórreos por habitante?, porque seguro que Quilmas estaría na parte alta da clasificación. 
A beleza da aldea pódese disfrutar na última longametraxe de Antón Doabo, A Mariñeira, unha aposta galega de Ficción Producións, que recolle coma se foran casas os galpóns que aínda usas os mariñeiros para gardar os seus utiensilios de pesca. Outros recunchos Novas relacionadasFonte
|