Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O PP pregunta sobre a piscifactoría de Seiruga  Correo-e
domingo, 23 de marzo do 2008

O PPdG, dende o seu voceiro de pesca Jose Manuel Balseiro, vén de situarse en contra da construcción da piscifactoría de Seiruga, non concello de Malpica. Deste xeito prantexa varias preguntas ben interesantes no Parlamento Galego ao bipartito.

Image

  • Cantas alegacións rexistráronse en Malpica en relación co polígono acuícola situado na localidade de Seiruga?
  • Que institucións, veciños ou outro tipo de axentes foron os autores das alegacións suscitadas contra este polígono?
  • Cantas destas alegacións están a día de hoxe contestadas e cantas están pendentes?
  • Cantas sinaturas en contra da ampliación foron enviadas á Administración autonómica no caso de que se mandara algunha?
  • Que organismos dependentes da administración autonómica teñen informado o proxecto de creación da granza acuícola de Seiruga e en que sentido elaboraron os seus informes (favorable ou desfavorablemente)?
  • Vista a enorme oposición que está a suscitar o proxecto de nova construcción da granxa de Seiruga, pero tamén en atención aos razoables motivos registrados contra as previsións do Plan Galego de Acuicultura, ten intención a Xunta de Galicia de eliminar este polémico proxecto do Plan Acuícola? De ser así, cando?

A espera estamos das posibles despostas do bipartito pero dende a oposición chegan outras iniciativas de interese para o sector pesquiero galego:

Plan fronte a escalada de prezos do combustible

O Grupo Parlamentario Popular cuestiona a xestión do departamento autonómico que dirixe Carmen Gallego por canto non está a desenvolver as actuacións necesarias para proceder a unha defensa efectiva do sector pesqueiro galego.

O PPdG pregunta polas posibles xestións tomadas polo goberno galego para paliar os efectos da subida de prezos dos gasoil no ámbito pesqueiro e marisqueiro. Pregunta se hai algunha medida tomada ou se hai algunha por tomar. Pregunta tamén para cando teremos diante estas medidas que se presentan urxentes para o desenvolvemento dun dos motores do país.

Deficiencia do Servizo de Salvamento Marítimo

No seo da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia terá lugar o debate da primeira das iniciativas rexistradas polo Grupo Popular co obxecto de que o Goberno galego de resposta a moitas das preguntas sobre as eivas que presentan os helicópteros de salvamento Pesca I e Pesca II, incrementando o risco ao que está sometido o persoal que traballa nestes aparatos e diminuíndo a eficacia deste servizo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP enviada polo voceiro de Pesca, José Manuel Balseiro Orol.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com