Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Medio Rural corrobora a boa calidade das augas xalleiras  Correo-e
lunes, 24 de marzo do 2008

Medio Rural vén de analizar o impacto das augas de gandería en varios ríos do país, netre os que se atopa o noso denostado Xallas. A alta presencia de explotacións de vacún de leite na zona xalleira faina moi interesante para a análise das augas con posibles problemas de vertidos derivados da actividade agrogandeira, sempre no punto de mira das asociacións ecologistas e que agardamos que nos vindeiros días fagan público un comunicado coas súas opinións.Image

As análises xa avaliadas polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) deron unha presencia baixa de nitratos, os compostos utilizados nos fertilizantes máis perigosos e habituais responsables da contaminación de augas pola actividade agrogandeira. O director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, Gonzalo Flores, asegura que “o nivel medio de presenza de nitratos sitúase entre os 5 e os 9 mg/litro, moi por debaixo dos 25 mg/l que as normas europeas establecen como o nivel máximo recomendado ou dos 50 mg/l que indican problemas graves de contaminación”.

Das mellores augas de Europa

O proxecto de investigación europeo Greendairy, no que se analizou o impacto ambiental dos sistemas de explotación de vacún de leite en once rexións do Arco Atlántico de toda Europa xa sinalaba a boa calidade das augas galegas. Isto ten unha sinxela explicación que ten datos que o corroboran: o 74% da superficie do noso País dedícase a usos forestais e agrarios extensivos, fronte ao 14% de superficie cultivada.

Prácticas para reducir a contaminación das augas

Medio Rural aconsella varias cousas para coidar a calidade das nosas augas. Varios exemplos poden ser: o mantemento da cuberta vexetal con cultivos de inverno, a conservación de vexetación preto dos leitos dos ríos para obstaculizar a chegada de abonos e pesticidas aos mesmos, ou a aplicación de nitratos na primavera, na época en que se produce o crecemento dos cultivos, e non no inverno, cando o risco de lixiviado pola frecuencia das choivas é maior. E xa saben, non utilicen moitos abonos químicos e busquen amparo na agricultura ecolóxica, como xa fan en Merexo coas cebolas ou en Quilmas coa cooperativa.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com