|
Dende as asociación ecoloxistas do país seguen a parecer novas e interesantes propostas de aforro de consumo enerxético. Estes días presentouse unha nova inciativa de control do consumo doméstico, unha disputa que non atinxe a todos. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, o Instituro Enerxético de Enerxía, INEGA e a concellería de Medio Ambiente de Compostela, presentan o seu programa "Fogares Verdes". Hai por aí, polos centros de saúde e estes lugares con panfletos informativos, unha interesante Guía Práctica da Enerxía no Fogar, presentado en formato libriño fino de 76 páxinas polo Inega. Conta bos truquiños para aforrar algo no consumo e ao tempo, no peto. Non poidemos localizar o pdf do libriño, pero e que páxina do INEGA non é que estea moi clara. Información de Adega Este mércores 26 de marzo preséntase en Compostela o programa "FOGARES VERDES”. Este proxecto impulsado por ADEGA, o INEGA e a concellería de Medio Ambiente de Compostela vai promocionar en medio cento de fogares da cidade o aforro de enerxía e auga. A meta será acadar un redución do consumo de enerxía eléctrica nun 5,2% e dun 10% no caso da auga. Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Plantéxase como un programa de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar. Sabemos que cun pequeno esforzo e sen reducir o benestar e calidade de vida pódese acadar unha merma na facturación do fogar e o que é máis importante a conservación dun patrimonio común como son os recursos naturais. Fogares verdes plantéxase como un programa de acompañamento no fogar. Educadores/as ambientais de ADEGA realizarían un seguemento mediante visitas trimestrais nas que se relizará unha diagnose inicial, asesoramento e confirmación de metas acadadas. Ademais das visitas, cada fogar contará en todo momento con atención personalizada a través de teléfono e correo electrónico no que consultar calquera dúbida. Entregarese tamén material con información de axuda e un pequeno equipo de aforro. A equipa de educadores ambientais de ADEGA será a encargada de facer as visitas e o seguemento dos fogares participantes. Prestará tamén atención personalizada a través de teléfone e correo electrónico para consultar calquera dúbida que se plantexe. Os/as educadores/as facilitarán información sobre aspectos básicos referidos a prácticas de consumo e aforro. As veciñas e os veciños serán os verdadeiros protagonistas da acción educativa. "FOGARES VERDES" vai dirixido a todos aqueles fogares interesados en participar, independentemente do tipo de vivenda ou do número de moradores. No proceso de selección terán prioridade aqueles fogares adscritos ao programa de Compostaxe Caseira. Os interesados/as deberán porse en contacto con ADEGA (981570099;
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
). Máis información Novas relacionadas Fonte
|