|
O concello de Zas e o de Cabana repartiranse 60.000 euros en concepto de axudas da Consellería de Sanidade para a promoción de fomentos de vida saudable nas familias dos concellos. Segundo o que nos conta Lolo Muíños, alcalde de Zas, o programa está en fase de redacción entre ambos concellos. O alcalde zaense asegura ademais que existe un bo entendemento entre ambos concellos, o que ben nos alegra. O programa Malia que aínda hai que perfilalo, a temática das charlas, conferencias, dos talleres, dos cursos.. están xa enfocadas. A nutrición e os bos hábitos de educación física son os principais puntos onde farán incapé nesta campaña. Está dirixida máis cara os pais, que son os que máis inflúen nos hábitos relacionados coa saúde. Andan na procura dende os concellos de contratar un dietista e un especialista en educación física. Zas Dixital O concello segue a traballar no seu proxecto do Zas Dixital. Os pilares do proxecto, ao marxe da TDT, son a rede WIMAX e o Portal Cidadán. Continúan así os traballos na zonas de cobertura para colocar os emisores Wifi e Wimax, pensando onde colocalos nas zonas urbanas para que den cobertura aos edificios municipais e ao resto do concello. TDT A carreira pola consecución da TDT continúa na costa. O alo menos é o que parece. Na Fonsagrada xa están realizando un proxecto piloto, e pola Costa hai varios concellos implicados. Por Zas agardan que en verán esté e funcionamente a antena de RETEGAL que xa saíu adxudicada. Novas relacionadas Fonte
|