|
Semella que a xuventude se vai acostumando a usar o Noitebús na Costa da Morte e baixar de festa sen coche. Pero aínda hai moito que mellorar, xa que os números tampouco son para tirar bombas de palenque. Durante esta Semana Santa (entre o 14 e o 23 de marzo) colleron algunha das 8 liñas que contabilizamos da Costa da Morte uns 840 mozos. Isto supón uns 160 viaxeiros por noite. Podemos comparalo coas tempadas de Nadal e do verán pasado e os números non tan esperanzadores. O Noitebús do Nadal 2007 prestou servizo a 1007 mozos entre as 3 fines de semana, que lle botamos a uns 150 por xornada festeira. Durante o verán do 2007 a ocupación foi menor, de xeito que ao longo dos meses de xullo e agosto, contando 8 fines de semana, saen un total para as 8 liñas de 1638 usuarios, saíndo a uns 100 por xornada. Deste xeito, o incremento na Costa continúa pero dun xeito máis moderado que no total galego. Calculamos un aumento no uso na Costa da Morte dun 20%, lonxe do 62% do contante global galego. Usuarios na Costa da Morte na Semana Santa 2007 (entre o 14 e o 23 de marzo) | Ruta | Usuarios | | Camariñas-Ponteceso | 441 | | Ponte do Porto-Santa Comba | 42 | | Cee-Santa Comba | 67 | | Santa Comba-A Picota | 98 | | Baio-Zas-Santa Comba | 31 | | Muros-Carnota-Cee | 9 | | Baio-Carballo | 220 | | Fisterra-Corcubión-Cee | 0 | | Costa da Morte | 840 | | Galicia | 8.109 |
Polos datos, vese claro cales están sendo as zonas de moda. As liñas a Santa Comba se multiplican. A liña Camariñas-Ponteceso é a máis concorrida da bisbarra e sorprende a baixa utilización da Muros-Carnota-Cee e a nula da Fisterra-Corcubión-Cee. Disque Cee está en horas baixas. En toda Galicia funcionaron 69 liñas que estiveron operativas en toda Galicia, das cales a meirande parte xa viñan funcionando con regularidade durante as fins de semana dende o verán pasado. Isto supón un incremento dun 62 por cento sobre o número de usuarios rexistrados durante a Semana Santa de 2007, cando o Noitebús transportou a uns 5.000 viaxeiros. Novas rutas solicitadas Concello de Ponteceso O Concello e Ponteceso solicitará 3 rutas a implantar a partires do 30 de Abril. Varios Concellos da comarca: Camariñas, Laxe, Coristanco, Carballo, Malpica e Ponteceso reuníronse onte en Carballo para tratar as rutas que terá o Noitebús a partir do 30 de Abril de 2008, que terán que ser ratificadas pola Dirección Xeral de Transporte. As rutas para o Sábado pola noite que solicita Ponteceso son: - Camariñas-Ponte do Porto-Laxe-Ponteceso;
- Ponte do Porto-Vimianzo-Baio-Ponteceso;
- Malpica-Corme-Ponteceso-Carballo.
Malpica Malpica solicita unha cuarta para os Venres noite O Concello de Ponteceso tamén se beneficiaría dunha cuarta ruta, solicitada polo Concello de Malpica, que é a seguinte: - Carballo-Buño-Ponteceso-Corme-Malpica-Carballo.
Teñen como horario de saída do punto de partida as 12.15h e como chegada as 06.00h, aproximadamente, ó punto final. Nota de prensa da CPTOPT Solicitudes abertas para este ano A CPTOPT ten aberto ata o sábado o prazo para que as empresas e concellos interesados en manter ou iniciar rutas de Noitebús durante este ano poidan solicitar as subvencións de ata o 90 por cento do custe do servizo. O Noitebús xa foi utilizado por uns 131.000 viaxeiros dende a súa implantación no verán de 2006 Obxectivo O obxectivo final desta liña de axudas é que o Noitebús se extenda xeográfica e temporalmente, de xeito que os servizos funcionen durante todo o ano no maior número de sitios posibles en función das necesidades de mobilidade nocturna que os concellos e as empresas detecten nas súas comarcas. Todas as rutas instaladas, cos días de funcionamento, horarios e percorridos, poden consultarse na páxina web www.cptopt.xunta.es. Novas relacionadas Fonte
|