|
O movemento nas Plataformas contra o Plan acuícola na Costa da Morte semella amarrado ao porto, As plataformas e asociacións agardan que apareza alguna resposta por parte da Consellería ou que cheguen, por exemplo, as contestacions de Patrimonio Nacional e de Medio Ambiente. Polo momento as visitas ao Parlamento son algo máis tranquilas e, seguramente, produtivas. Mentres, as entidades que loitan pola conservación do territorio, como Galiza non se vende son encasilladas nun nome de siglas o MNLG, que debe ser o “Movemento de Liberación Nacional Galego”, algúns radicais extremistas, seguro. Seiruga no Parlamento Foi o caso da Plataforma de Seiruga Limpa, que visitaba, invitados polo PP, o Parlamento Galego o pasado luns 24 de marzo de 2008, para ver o "espectáculo". Non se aburríu ninguén ao parecer da plataforma. Alegación dos veciños No tocante ás alegacións presentadas, en relación coas preguntas que propuxo o voceiro de Pesca do PPdG, Seiruga se explica. Alfonso, cóntanos que a verdade é que a alegación presentada polos propios veciños e membros da plataforma foi presentada sen a dirección onde debía de ser dirixida a resposta, argucia, como di Balseiro, o voceiro de Pesca do PPdG, que utilizou o goberno para rechazalas. En Seiruga opinan que unha chamada sería factible, xa que as alegacións si levaban o nome, apelidos e o número de teléfono da persoas solicitante. Por Seiruga xa hai quen opina que mesmo sendo de esquerdas, semella que a "esquerda" galega fai mellor traballo dende a oposición. Tamén hai quen pide máis implicación dende a confraría, que é a única que falta no concello por mollarse. Quilmas, Merexo e Camelle No tocante a Quilmas, a Plataforma centra os seus esforzos na creación da cooperativa de produtores de agricultura ecolóxica para seguir sumando argumentoscontra o plano. Por Merexo agardan pero os avisos de pasar aos tribunais seguen estando no aire, e os abogados da Plataforma Merexo non se vende seguen recopilando información para pasar a acción xudicial, se for necesario, unha vez que o Valedor do Pobo non recibe resposta. Mentres en Camelle, a Asociación de Veciños A Pergoliña segue agardando tamén que se comece a dar resolucións para seguir actuando. Xa teñen dabondo ademais co campo de fútbol do cura. Ambas imaxes son daquel 26 de marzo en Carnota, cando Carmen Gallego, conselleira de Pesca visitara Carnota e cando varios periódicos denunciaran agresións ficticias á conselleira. Pero ollo, que xa saben que a Garda Civil vai tomar aos coches que leven posta a pegatina do GZ, e que a plataforma Galiza non se vende (ao igual que outra morea de asociacións) están relacionados co Movemento de Liberación Nacional Galego, que debe ser case que algo peor que os guerrilleiros das FARC ou do Exército Zapatista. Novas relacionadas Fonte
|