|

Esta semana marchamos cara a Barbanza. Que movemento hai pola Barbanza, a verdade é que dá un pouco de envexa dene a nosa bisbarra ver como tan pretiño hai zonas onde nacen grupos de debaixo das pedras e a cultura musical está moito máis dentro da xente. Hoxe presentamos á Compañía do Ruído, de Riveira. O grupo nacía polo 2002, cando voltaban do exilio madrileño un par dos 12 compoñentes (incluindo o cacharrote, a furgoneta que a todos lados os carreta). Na primaveira do 2003 graban o seu primeiro EP "Só existe ruido" e actúan por ghalisa adiante e polo estado, como Madrid, Donosti ou Plasencia. No xaneiro do 2004 inician a grabación en directo no auditorio de Riveira, no que dará lugar ó seu segundo traballo "Barruntando", tamén autoproducido pola banda. O final do 2005, entran nos estudios BONJAN da Coruña a grabar o que será o seu terceiro traballo discográfico que consta de 16 cortes seguindo a mesma linea de música festiva combinado con letras de corte social, sempre dende un punto de vista irónico. A disfrutar da festa!!! Xa os poden atopar na súa páxina web Acompaniadoruido.com, no Myspace ou no yutuf para disfrutar deles. Polo de pronto podedes var un par de videos atopados por aí cun par de concerto da banda. E aquí seguimos animando a todos aqueles que por aquí pola Costa estén facendo algo, que se poñan en contacto con nós en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, que non andamos todo o día na súa procura pero, malia saber que hai varias cousas por aí está sendo un traballo difícil contactar con elas. Aquí estamos agardando para promocionar estas novas iniciativas musicais. A Compañia do Ruido e o seu Bichicomas
A Compañia do Ruido en DZ Casi tres horas de concerto, son incansables.....festa festa festa.
Grupos anteriores Fonte e máis información
|