|
Esta mañá de sábado erguíase revolto por Malpica. Non había auga. Augas de galicai e a Consellería de Medio Ambiente pecharon as dúas terceiras partes das villas das casas do concello. Estas son case todas do núcleo malpicán, xa que na mairoría de aldeas teñen auga de traída. O problema detectado polas análises do río Ba foi a contaminación por trihalometano, un hidrocarburo volátil resultante da reacción da materia orgánica do auga co cloro engadido para a súa depuración. Superáronse os límtes legais e as villas fican pechadas ata que se resolva o problema. Mentres o concello falou co veciño Ponteceso para solucionar o problema, e xa hai unha morea de camións cisterna levando auga de arriba para abaixa para incluila nos depósitos da rede fluvial de Malpica para que os veciños poidan abrilas villas o antes posible. A contaminación foi detectada no río Ba, que desemboca en Seiruga, onde está a depuradora que surte de auga ao núcleo de Malpica. Nembargantes, en Barizo (parroquia de onde é Seiruga) teñen auga de traída, e tampouco queren a do concello. Agora ademais, pénsase nun novo parque empresarial que vetirá as súas fecais ao río Ba. Primeiro contaminamos para logo depuralo antes de bebelo, as paradoxas do desenvolvemento. As 13 casas de Barizo súrtense inverno e verán das fontes do monte de Barizo e do monte Insua, dous abundantes manantiais naturais. Dende o concello ofreceron aos veciños de Barizo pasar a formar parte da rede de augas, o que conlevaría primerio bombear o auga ata o núcleo para logo que voltase baixando por gravidade ata Seiruga, un novo contrasentido. Máis se cabe contando con que en Malpica teñen problemas co auga, porque o río Ba en verán non dá feito, sen haber un aproveitamento serio desas augas naturais, como non comentan dende Seiruga. Novo blog E precisamente dende Seiruga nace un novo blog. O blog Debarizo pretende ser un punto de información e promoción da tradición, da cultura e da beleza paisaxística da parroquia, e mediante imaxes e testemuñas tentará promocionar un pouco máis esta preciosa zona. Deixaremos así o Seiruga Limpa para a protesta e este para cousas máis tranquiliñas. Fonte
|