Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XXIV): A fervenza da Poza da Forca  Correo-e
sábado, 29 de marzo do 2008

Image

Continuamos colleitando fervenzas. A fervenza da Poza da Forca, na paroquia de Rioboo, no concello de Cabana de Bergantiños é un salto de 5 metros que salva o río Garguiña ou Baiabosa, afluente do Cundíns que á súa vez desemboca no Anllóns, que remata na ría de Ponteceso. O lugar é encantador, como todos os que rodean estes accidentes, cuns carballos e uns fietios do máis bucólico.

O río salta un desnivel en xistos, e está rodeado dun pequeno bosque de ribeira ben conservado, que ao tempo está inmerso nun mar de eucaliptos.

ImageImage

Como chegar

Subindo pola AC-550, a estrada Fisterra-Carballo, antes de chegar á Augalada, nunha suave costa arriba entre un bosque de eucaliptos, hai que coller un desvío cara Ponteceso á esquerda. Ao chegar á Mata, hai que coller un desvío cara á esquerda dirección Folgoso e Igrexa de San Brais. En Folgoso xa non hai sinal e hai que ter coidado. Ao chegar a unha casa rosa, hai que coller á dereita e tirar polo medio da aldea ata chegar á igrexa.

Unha vez na igrexa, deixamos o vehículo e volvemos para atrás. Da pista saen cara esquerda 3 camiños. O último (o primeiro que se vé ao chegar), de terra, non é. Hai que coller o camiño do medio, que baixa (importante) entre varias hortas para entrar aos 100 metros nun bosque de colitros. Seguimos baixando ata chegar a un cruce que collemos á esquerda xa guiados polo son da fervenza, e logo dunn minutos xa chegamos ao lugar. Agardemos que estas pistas axuden a chegar rápido porque nós, gracias as boas indicacións tanto nas estradas como no monte, antes de atopar a fervenza equivocámonos 4 ou 5 veces.

Outros recunchosImage

Vídeos de Francisco Santiago lópez

Outros vídeos

Fonte

  • Redacción.
  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com