|

Pois seguimos con esta nova escolma, que trata de recoller as bitácoras (ou blogs en inghlés) que temos por aquí, pola Costa da Morte. A semana pasada comezábamos co, sen dúbida, máis mediático. Amis95, a bitácora de Maria Amelia López, a persoa de máis idade cun blog, é coñecida en todo o mundo, e xunto coa simpatía da nosa amiga Amelia fixo imposible comezar a escolma doutro xeito distinto. Esta semana imos cara Corme. Alí atopamos un famoso personaxe da bisbarra. Suso Lista coa súa polivalencia, que se percebeiro, que se patrón maior da confraría (xa non), que membro do BNG, que se actor, que se escritor... Hoxe quedámonos coa súa laboura como escritor na súa bitácora Susolista.blogspot.com. Suso, a pesar de non ter ordenador (acabao de mercar hai un mes) leva xa de finais do 2005 baixando a Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme para soltar o seu furacán de sentimentos na internet. Chega, cuspe e para casa. Así volca no seu espacio emocional e literario os seus máis fondos pensamentos. Suso ademais colabora con nós e cada semana nos presta unha das súas reflexións, tentando que non sexan de todo persoais e que estén de actualidade. Feito que agradecemos dende aquí, a colaboración dunha persoa que a pesar das diferentes opinións formadas en outros círculos da costa (a maioría delas influenciadas puramente por asuntos políticos) dende aquí consideramos cunha visión ben razonable do que pode ser un desenvolvemento sostible para a Costa da Morte. Novas relacionadas Bitácoras anteriores
|