|
Ponteceso adica o mes á lectura |
Correo-e
|
|
lunes, 31 de marzo do 2008 |
|
O Concello de Ponteceso porá en marcha unha serie de actividades destinadas ó fomento da lectura entre os máis novos nun mes cheo de iniciativas. O Concello realizará, cada martes e xoves do mes de abril actividades coma obradoiros de lectura, actuacións de contacontos, obradoiros de manualidades e pintura, etc, para os máis pequenos. Todas estas actividades terán como eixo central ó libro e á lectura e desenvolveranse no local da Asociación Cultural Río Anllóns en Ponteceso. Inscricións Todas as persoas que desexen participar nas actividades propostas, deberán inscribirse, e terán como prazo ata o vindeiro 4 de Abril. Poderán facelo na O.M.I.X (ó carón do Centro de Saúde). T: 981 714 622. Tamén na Aula de Informática Municipal en Ponteceso, todas as tardes. Fonte
|